DÍA DA INFANCIA 2020

Hoxe, 22 de novembro conmemórase o Día Mundial dos Dereitos da Infancia e nós, por suposto, quixemos celebralo no centro escolar. Para iso, o pasado venres e nas diferentes aulas, lemos e reflexionamos sobre o libro titulado TEÑO DEREITOS de Miguel Robledo. Feliz Día da Infancia a tod@s dende a Biblioteca do CEIP Gándara!!!

CERTAME FOTOGRÁFICO DE SAMAÍN

Dende a Biblioteca Escolar, queremos agradecer a vosa participación no certame fotográfico de Samaín.

CONTO FROITAS (4 ANOS)

O conto que eliximos en 4 anos para conmemorar o Día das Bibliotecas 2020 foi Froitas de Kalandraka. Esperamos que desfrutedes da nosa versión!

DÍA DA BIBLIOTECA 2020

24 DE OUTUBRO: DÍA DA BIBLIOTECA: ESCOITA OS NOSO CONTOS!!!

O vindeiro sábado 24 de outubro conmemoramos o Día da Biblioteca e queremos celebralo lendo varios contos que serán publicados mañá neste blog de biblioteca e nos respectivos blogs de aula.

O alumnado de 3 anos lerá o conto LÚA LÚA SOL.

O alumnado de 4 anos lerá o libro FROITAS.

O alumnado de 5 anos lerá o libro ANIMAIS.

CONMEMORACIÓN DÍA BIBLIOTECA

Para conmemorar o día da bibliotea, o alumnado de 6º de primaria decidíu ler o famoso conto infantil...

A QUE SABE A LÚA?

Desexamos que vos guste

 

A que sabe a lúa? - La república de las letras

 

 

 

 

 

 

Bruxa e familia, de Paula Carballeira

Para conmemorar o día da Biblioteca, o alumnado de 5º curso recoméndanos Bruxa e familia, de Paula Carballeira.

 

"Era unha vez un corno de unicornio"

Para conmemorar o Día da Biblioteca, o alumnado de 4º le "Era unha vez un corno de unicornio".

 

Día da biblioteca. Conto Lúa, Lúa, Sol

Dende a aula de 3 anos celebramos o días das Bibliotecas coa lectura do conto Lúa, Lúa, Sol.

 

DÍA DO LIBRO 2020

23 DE ABRIL 2020

O Sapoconcho Moncho quere desexarvos a tod@s un moi feliz Día do Libro!!!

 

Anímavos tamén a participar na actividade titulada:

ONDE LES DURANTE O CONFINAMENTO?

ESTRELA ROSALÍA, MARATÓN DE LECTURA

ESTRELA ROSALÍA, MARATÓN DE LECTURA

Como xa puidestes comprobar no programa de radio adicado ao aniversario de Rosalía de Castro, celebramos un maratón de lectura dende Radio Sofán: