Musicando o Nadal

Velaquí as nosas fermosas árbores de Nadal con fragmentos das cancións que cantamos no Nadal

 

DÍA DO MAIO. MAY DAY.(16 MAIO)

O 16 DE MAIO CELEBRAMOS O DÍA DO MAIO. MAY DAY!

 

 

DEFUNTO DELICIOSO

Seguindo co proceso de creación de poemas, con motivo da celebración do Samaín creamos o noso Defunto Delicioso, un poema moi terrorífico creado por todo o alumnado do Gándara Sofán!!!

 

POEMANDO O OUTONO

Cando chegou o outono, a poesía non se esqueceu desta fermosa estación. Aquí vos deixamos creacións propias do alumnado e poemas de autores consagrados.

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2017

O 24 DE OUTUBRO CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS COA ACTIVIDADE TITULADA:

A POESÍA É...

 

ESTA ÚLTIMA FOTO FAI REFERENCIA ÁS ÚLTIMAS ADQUISICIÓNS DA NOSA BIBLIOTECA DO MES DE OUTUBRO.

 

Samaín 2016

SAMAÍN 2016

O pasado 28 de outubro o cole de Sofán vestiuse de negro terrorífico para dar a benvida a unha das nosas festas máis divertidas e esperadas: O SAMAÍN!!!

Realizamos moitos xogos nos que as bruxas, arañas e cabazas eran as protagonistas. Pasámolo xenial!!

Ademais desfrutamos un ano máis do tradicional concurso de cabazas. Este curso as categorías participantes eran:

21 DE MARZO - DÍA DA POESÍA

 

Para conmemorar o Día da poesía decidimos, en colaboración co EDLG, darlle un "novo aire" ao Taboleiro da Lingua. Propuxemos a todos os titores que seguiran traballando sobre Rosalía de Castro, aproveitando que xa lle adicaramos o Dia Internacional da Muller (8 de Marzo) e que, recentemente se celebrou o 179 aniversario do seu nacemento.

Unha das obras que máis entusiasmou aos nosos pequenos foi Adiós ríos, adiós fontes!; obra musicada e versionada por tantos artistas que chegou aos nosos alumnos en versión máis clásica grazas a Amancio Prada, versión rock da man de Astarot e incluso, con ritmos latinos de man da orquestra Charleston.

Algúns alumnos/as de Educación Infantil foron polas aulas deleitando aos seus compañeiros/as co recitado dalgunhas das estrofas de tan coñecido poema. Daba gusto escoitalos!!!

PROXECTO A BALEA . AULA DE 4 ANOS

Ó LONGO DESTE CURSO TODO O CENTRO VAI ESTAR IMPLICADO NUN PROXECTO QUE TEN POR CENTRO DE INTERÉS A CIENCIA.

AS AULAS DE INFANTIL TRABALLAREMOS, NESTE PRIMEIRO TRIMESTRE, UNHA PEQUENA INTRODUCCIÓN A BIOLOXÍA.

EN CATRO ANOS INVESTIGAREMOS COUSAS SOBRE AS BALEAS ,E QUE MELLOR MANEIRA DE MOTIVALOS QUE CON UN CONTO. AQUI VOS PRESENTO A BALEA MARINA DA QUE POUCO A POUCO IREMOS APRENDENDO MOITAS COUSIÑAS!!

 

LEMOS O CONTO E COLOREAMOS A MARINA QUE AXIÑA PODEREDES VER NO PASILLO DO COLE!!

23 DE ABRIL-DIA INTERNACIONAL DO LIBRO

 

Hoxe, 23 de abril, celebramos o Día Internacional do Libro con diversas actividades. Na Hora de ler xuntámonos todos para mostrar as nosas obras; obras enmarcadas dentro da actividade Cociñando contos, na que estivemos traballando para participar na Semana do Libro e da Lectura de Carballo. Os alumnos/as de 5º EP presentáronnos o seu Asado de Poemas, os/as de 3º EP o seu Revolto de Adiviñas e os/as de 5º EI deleitáronnos cun delicioso postre, un Conto Xeado! Para rematar, cantamos a canción O Libro que estiveron preparando coa profe de música e con axuda dos/as titores/as. Pasámolo xenial!!! Aproveitamos tamén para agasallar aos nosos/as alumnos/as cun marcalecturas e unha chapa que fan referencia a Ler Ciencia na Biblioteca Escolar.