FROITA NA ESCOLA

Este curso seguimos, dentro do Plan Proxecta, no Programa Froita na Escola.
Durante catro semanas repartidas ao longo do curso comeremos froita todos a mesma hora no recreo. Por motivo de espazo,  cada grupo tómaa na súa aula.
Sorprende moi positivamente a boa acollida que ten. Os/as nenos/as esperan  ansiosos que chegue o momento. Cómena xenial!!!!! e algúns cando poden repiten!!!!!.


A primeira semana foi no primeiro trimestre, do 30 de novembro ao 4 de decembro. Cada mañá esperabamos con ansia aos pregoeiros, que eran os de 6º de E. Primaria.


 

A segunda semana fixémola no segundo trimestre, do 22 ao 26 de febreiro. Cada mañá facíanos moita ilusión cando oíamos a campaíñas e a continuación chamaban á porta os pregoeiros  e aparecían  os de 6º E. Primaria cunhas dificilísimas  adiviñas.

 

 

A terceira semana fixémola no segundo trimestre, do 18 ao 22 de abril. Desta vez os pregoreiros foron os nenos/as de 2º de E. Primaria, todas as mañáns chegaban puntuais coas súas difíciles adiviñas.

A froita, ao igual que nas semanas anteriores, estaba moi boa.

    

 

 A cuarta e última semana da froita fixémola do 9 ao 13 de maio. Os nenos/as de 4º E. Primaria fomos os pregoeiros!!!!! SorrisoSorrisoSorriso

Aprendemos moito facendo as adiviñas e logo iamos por todas as aulas anunciando a froita que tocaba cada día.  Para descubrila tiñan que acertas as "difíciles adiviñas". Algunha vez custoulles bastante !!!! SorrisoSorrisoSorriso

Foi xenial.

   

                             

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet