Skip to Content

SOLICITUDES DE RESERVA DE PRAZA DO ALUMNADO DE 6º DE EP PARA CENTROS ADSCRITOS - IES MONTENEME

Estimadas familias:

 O día 16 de xaneiro iníciase o procedemento de solicitude de reserva de praza do alumnado de 6º de Educación Primaria para o centro adscrito de educación secundaria; no noso caso, o centro ao que estamos adscrito é o IES MONTENEME.

  A presentación de solicitudes é do 16 DE XANEIRO AO 6 DE FEBREIRO de 2023, no anexo entregado ao alumnado no centro, que será devolto, cuberto e asinado, na secretaría do Ceip Pl. Gándara Sofán.

 No caso de querer renunciar á praza ao centro adscrito, IES MONTENEME,  deberán cubrir e achegar a folla de renuncia  e xa non enviar a de solicitude, tamén ata o 6 febreiro.

     De querer escolarizar ao seu fillo/a o vindeiro curso académico nun IES distinto ao Monteneme, ademais de presentar a renuncia, deberán contactar co instituto elixido entre 1 e o 20 de marzo de 2023, dentro do prazo de admisión do centro de educación secundaria.

AdxuntoTamaño
2023-2_InstrucciónsReserva_Centros.pdf238.47 KB
ED550A-G.pdf1.23 MB
ED550A-C.pdf1.34 MB
RENUNCIA IES MONTENEME.pdf62.89 KB


page | by Dr. Radut