Skip to Content

Preparando a carreira de campo a través

PREPARANDO A CARREIRA DE CAMPO A TRAVÉS

 

 

Aproveitando que se celebra a proba de campo a través en Carballo, estamos a traballar as cualidades físicas básicas en educación física. Neste caso, melloraremos a RESISTENCIA e a FLEXIBILIDADE xunto co quecemento.

 

Durante estas semanas se lle propón ao alumnado unha serie de RETOS ou logros que teñen que intentar conquerir:

 

1. Quentar correctamente antes de correr

 

2. Non andar, en ningún momento, durante a carreira. Se fose necesario, o obxectivo será camiñar o menor número de veces posible. Reducindo cada día as veces que se anda.

 

3. Non parar de golpe despois de finalizar a distancia solicitada ou despois de superar a liña de meta.

 

4. Estirar ben unha vez finalizada a carreira.

Ademais de mellorar as cualidades sinaladas anteriormente, tamén mellorarán no coñecemento do seu propio corpo. Saber dosificar o esforzo e  as limitacións físicas e mentais de cada un.

Aos alumnos con dificultades respiratorias, malestar en días concretos  ou con algunha dificultade temporal para realizar os exercicios de resistencia, vanlles resultar moi útiles estas sesións tendo que demostrar que son capaces de dosificar o esforzo. Camiñarán se é necesario, sen necesidade de avisar ao mestre,  sendo conscientes de que o sufrimento non é un dos retos e que non é beneficioso para eles.

método que estamos a utilizar é o que segue:

 Divídese a distancia total que teñen que correr en partes. O primeiro e segundo día, en tres partes e a partir de aí  vanse diminuíndo  os intervalos.

 Exemplo:

Estas son as distancias que teñen que correr o día 29 de novembro na proba de campo a través: 

Infantil masculino

1.200 m

Infantil feminino

1.000 m

Alevín masculino

1.000 m

Alevín feminino

800 m

 

No pavillón diseñase un circuíto de aproximadamente 165-180 metros cada volta. 

primeiro día, os escolares percorrerán as seguintes distancias: 

 

voltas

voltas

voltas

Infantil masculino

4

3

2

Infantil feminino

3

2

2

Alevín masculino

3

2

2

Alevín feminino

3

2

1

 

segundo día, repetirán a sesión anterior.

terceiro día, divídese a distancia do seguinte xeito:

 

 

voltas

voltas

Infantil masculino

4 e media

4 e media

Infantil feminino

3 e media

3 e media

Alevín masculino

3 e media

3 e media

Alevín feminino

3

3

Os días sucesivos vanse reducindo as segundas voltas ata chegar a correr toda a distancia dunha soa vez.

O circuíto do pavillón percórrese realizando “oitos”, e cando chegan á meta non paran de golpe se non que seguen camiñando polo espazo que teñen acotado para elo.

Próximamente, subiranse uns vídeos das sesións.



page | by Dr. Radut