Novas

Podios dos campións do colexio Fogar

  

PODIO DA CATEGORÍA INFANTIL MASCULINO

 Na imaxe podemos ver a Martín Souto que quedou campión na categoría e a Nicolás Cancela que entrou na terceira posición.

Imaxe cedida por Xurxo Gende

 

PODIO DA CATEGORÍA ALEVÍN FEMININO

Na imaxe podemos ver a Julia Varela que quedou campiona na categoría e a Pepa Breijo que entrou na segunda posición.

Imaxe cedida por Xurxo Gende

Resultados campo a través 2019

O día 29 de novembro o alumnado do colexio Fogar participou na carreira de campo a través organizada polo concello.

Os mestres queremos darvos as grazas a tódolos estudantes que participastes, polo voso bo comportamento e sobre todo polo exemplo que nos destes. Estamos moi orgullosos de vós.

Xa chegaron os resultados( provisionais)e hai que dicir que os nosos atletas puxeron o listón moi alto. Houbo varios gañadores e gañadoras nas diferentes categorías e tamén moi boas clasificacións en xeral. A continuación escribimos o nome dos 3 primeiros clasificados do noso colexio en cada categoría e sexo. Por suposto, o colexio está orgullosísimo de tódolos alumnos e alumnas que participastes na competición. 

Infantil masculino:

Primerio clasificado e campión na súa categoría: Martín Souto

Terceiro clasificado e medalla de bronce: Nicolás Cancela

sexto clasificado: César Verdes

O equipo infantil masculino quedou clasificado en primeira posición polo que se clasificou para o campionato intercomarcal.

Infantil feminino:

Cuarta clasificada : Carla Martínez

Novena clasificada : Arancha Lorenzo

décimo cuarta clasificada: Aroa Sequeiro

Alevín masculino:

Décimo clasificado: Mario Mola

décimo primeiro clasificado: Saúl Abelenda

décimo segundo clasificado: Álex Rodríguez

 

Alevín feminino:

Primeira clasificada na súa serie : Julia Varela

Segunda clasificada na súa serie : Pepa Breijo

Quinta clasificada na súa serie: Raquel Suárez

Recordamos que os resultados son provisionais e estamos pendentes dos definitivos.

premendo aquí, podes acceder ao pdf da federación.

Clicando nas imaxes de abaixo poderás ver unhas fotos e un vídeo do día da competición.

 

                 preme na imaxe para ver o vídeo

                 preme na imaxe para ver as fotos

Aínda non dispoñemos das fotos da entrega de medallas, tan pronto como as recibamos subirémolas á páxina do colexio.

 

 

Campo a través 2019-2020

CARREIRA DE CAMPO A TRAVÉS

Acércase o día da carreira e queremos darvos uns consellos ademais de publicar a información que se vos dou en días anteriores, por se a perdestes.

Pero antes, deixámosvos un vídeo para darvos uns poucos ánimos de cara ao venres:

 

 

Aí van os consellos:

 

 

E agora a información:

 

MOI IMPORTANTE: se algún estudante usa broncodilatador, que o leve á carreira xunto cunha autorización asinada polos pais de permitir o seu uso durante a mesma.

Estes son os horarios que nos mandaron dende Carballo Deporte, clica na imaxe se queres velo en tamaño máis grande:

Nota que se lles dou aos rapaces:

 

Preparando a carreira de campo a través

PREPARANDO A CARREIRA DE CAMPO A TRAVÉS

 

 

Aproveitando que se celebra a proba de campo a través en Carballo, estamos a traballar as cualidades físicas básicas en educación física. Neste caso, melloraremos a RESISTENCIA e a FLEXIBILIDADE xunto co quecemento.

 

Durante estas semanas se lle propón ao alumnado unha serie de RETOS ou logros que teñen que intentar conquerir:

 

1. Quentar correctamente antes de correr

 

2. Non andar, en ningún momento, durante a carreira. Se fose necesario, o obxectivo será camiñar o menor número de veces posible. Reducindo cada día as veces que se anda.

 

3. Non parar de golpe despois de finalizar a distancia solicitada ou despois de superar a liña de meta.

 

4. Estirar ben unha vez finalizada a carreira.

Ademais de mellorar as cualidades sinaladas anteriormente, tamén mellorarán no coñecemento do seu propio corpo. Saber dosificar o esforzo e  as limitacións físicas e mentais de cada un.

Aos alumnos con dificultades respiratorias, malestar en días concretos  ou con algunha dificultade temporal para realizar os exercicios de resistencia, vanlles resultar moi útiles estas sesións tendo que demostrar que son capaces de dosificar o esforzo. Camiñarán se é necesario, sen necesidade de avisar ao mestre,  sendo conscientes de que o sufrimento non é un dos retos e que non é beneficioso para eles.

método que estamos a utilizar é o que segue:

 Divídese a distancia total que teñen que correr en partes. O primeiro e segundo día, en tres partes e a partir de aí  vanse diminuíndo  os intervalos.

 Exemplo:

Estas son as distancias que teñen que correr o día 29 de novembro na proba de campo a través: 

Infantil masculino

1.200 m

Infantil feminino

1.000 m

Alevín masculino

1.000 m

Alevín feminino

800 m

 

No pavillón diseñase un circuíto de aproximadamente 165-180 metros cada volta. 

primeiro día, os escolares percorrerán as seguintes distancias: 

 

voltas

voltas

voltas

Infantil masculino

4

3

2

Infantil feminino

3

2

2

Alevín masculino

3

2

2

Alevín feminino

3

2

1

 

segundo día, repetirán a sesión anterior.

terceiro día, divídese a distancia do seguinte xeito:

 

 

voltas

voltas

Infantil masculino

4 e media

4 e media

Infantil feminino

3 e media

3 e media

Alevín masculino

3 e media

3 e media

Alevín feminino

3

3

Os días sucesivos vanse reducindo as segundas voltas ata chegar a correr toda a distancia dunha soa vez.

O circuíto do pavillón percórrese realizando “oitos”, e cando chegan á meta non paran de golpe se non que seguen camiñando polo espazo que teñen acotado para elo.

Próximamente, subiranse uns vídeos das sesións.

Información campo a través 2019 / 2020

CARREIRA CAMPO A TRAVÉS 2019 / 2020

Xa se saben as datas e o regulamento da carreira de campo a través para este cursoo 2019/2020.

Día da carreira: 29 de novembro de 2019 (venres)

Lugar:  Polígono industrial de Bértoa ( Carballo)

As categorías nas que vai participar o colexio son:

Alevín masculino e feminino. Son os estudantes nados nos anos 2010-2009

Infantil masculino e feminino. Son os estudantes nados nos anos 2018-2007.

Os horarios aproximados para cada proba son os que seguen:

 

HORA

CATEGORÍA

DISTANCIA

VOLTAS

10.15

Cadete masculino

2.400 metros

4 voltas

10.30

Cadete feminino

1.200 m

2 voltas

10.45

Infantil masculino

1.200 m

2 voltas

11.00

Infantil feminino

1.000 m

2 voltas con saída 200 m adiantada

11.15

Alevín masculino

1.000 m

2 voltas con saída 200 m adiantada

11.30

Alevín feminino

800 m

2 voltas con saída 400 m adiantada

11.45

Benxamín masculino

600 m

1 volta

12.00

Benxamín feminino

500 m

1 volta

 

Premendo na imaxe dabaixo poderás acceder a toda a documentación que nos enviaron dende deporete escolar.

 

 

 

Se por algún motivo, alguén perde a folla da autorización, tamén vos deixo unha copia da mesma. Preme na imaxe para descargar o documento pdf.

 

 

 

 

Distribuir contido