Ollos de Aula, Recursos Compartidos, Cociñando xunt@s, Plan Alerta Escolar, Colaborando para detectar o maltrato infantil, Lecturas a catro mans, Xunt@s contra o acoso escolar, Crianza, O galego "vai" contigo, Internet segura para as crianzas

Boudin

A autoestima é a forma na que unha persoa se valora a si mesma e ao que é capaz de facer e reflicte o sentimento de satisfacción ou insatisfacción que deriva da devandita valoración. A autoestima é positiva cando unha persoa se adapta con éxito ás dificultades da vida cotiá e é negativa cando unha persoa se sente incapaz de facer fronte aos problemas diarios.

Debuxo gañador do concurso de debuxo infantil “Os Reis Magos chegan a Oia”

Felicidades Mateo!!

 Pinchade na imaxe.

Obradoiros de Nadal do concello de Oia

O Concello de Oia organiza varios obradoiros infantís dentro da Programación de Nadal no municipio, os cales se celebrarán nas parroquias de Loureza e Viladesuso, nos meses de decembro e xaneiro.

O día 28 de decembro a Abadía de Loureza acollerá os obradoiros de elaboración de instrumentos musicais e maquillaxe. As actividades desenvolverase de 10.00 a 14.00 horas e nelas poderán participar nenos e nenas a partir dos 4 anos.

Posteriormente, o 4 de xaneiro, no Centro Cultural de Viladesuso, haberá un obradoiro de elaboración de madalenas e galletas con decoración de Nadal. O horario desta actividade será de 10.00 a 13.30 horas e poderán participar nela pequenos a partir dos 7 anos de idade.

Ambos obradoiros son gratuítos, previa inscrición no Concello 986 36 21 25 . Os prazos para apuntarse son os seguintes:

  • Obradoiros de instrumentos musicais e maquillaxe (Loureza): inscricións ata o 27 de decembro.
  • Obradoiro de madalenas e galletas (Viladesuso): inscricións ata o 2 de xaneiro.

Calendarios competenciais para infantil e primaria

Deputación de Pontevedra volve publicar en 2019 os seus calendarios competenciais para infantil e primaria, con xogos, actividades e recomendacións culturais para aprender en familia. Repartiranse máis de 4.000 exemplares en 30 centros e tamén se poden descargar na web da Deputación.

 

Pincha na imaxe.

Guía para a detección do maltrato infantil

Son moitos os casos de maltrato infantil que quedan no anonimato. É imprescindible que a situación detectada chegue a ser coñecida por aqueles que teñen o deber de velar polo benestar dos nenos e nenas: os seus pais, se o maltrato se produce por parte de terceiras persoas alleas á familia, e os servizos de protección á infancia se o maltrato se dá no propio seo familiar.

Debemos comprender a urxencia e necesidade dun esforzo común en detectar e notificar toda situación de malos tratos á infancia, como único xeito de evitar que esta se cronifique e que as secuelas do maltrato pasen a ser permanentes.

 

Onde se fai a notificación?

- SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO: 986 36 21 25 / servizossociais@concellodeoia.es

É a vía ordinaria. Os profesionais dos servizos sociais municipais están capacitados para valorar inicialmente o caso e decidir se poden intervir directamente ou deben derivalo a outros organismos. 

- CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL: 986 81 70 63 / 986 81 70 86 / 986 81 73 93 / maltrato.infantil.co@xunta.es

Cando hai certeza ou unha sospeita razoable de que a saúde ou seguridade dun neno ou dunha nena están en perigo, pódese acudir directamente aos servizos especializados de protección da infancia, que adoptarán as medidas oportunas. 

 

Pincha nas imaxes.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido