Ollos de Aula, Recursos Compartidos, Cociñando xunt@s, Plan Alerta Escolar, Colaborando para detectar o maltrato infantil, Lecturas a catro mans, Xunt@s contra o acoso escolar, Crianza, O galego "vai" contigo, Internet segura para as crianzas

Protexamos a infancia con sentido común

HAI QUE REGULAR E PARAR CERTAS PRÁCTICAS NAS REDES SOCIAIS CON NENOS E NENAS

  1. Gravar e publicar bromas ou burlas nas que se asustan, se entristecen ou se enfadan… NON É GRACIOSO, É UNHA HUMILLACIÓN PÚBLICA.
  2. Gravar e expoñer a diario a súa intimidade, publicando cando están na casa, na rúa e todo tipo de situacións da súa vida de forma constante non respecta o seu dereito á privacidade, coa dificultade emocional que supón vivir esa ausencia de adultos enganchados a un móbil vivindo para “gravar constantemente”.
  3. Gravar e publicar momentos nos que son vulnerables: enfadados, en perrenchas, frustrados… Non damos exemplo de como o xestionamos con iso, gravar esa situación é ter en conta NADA as súas emocións nese momento. Reflexionemos se a nós nos gustaría que nos gravasen perdendo os papeis e se fixése público…
  4. Crear perfís públicos de menores, xestionados polos proxenitores (para que sexa legal), converténdoos en personaxes públicos. Un neno ou nena non está preparado emocionalmente para ser público, e convivir coa idealización e o sistema de aprobación continua das redes sociais.
  5. Compartir en contas públicas (dedicadas ao humor, á difusión de contido ou á educación) calquera dos vídeos anteriores para facer broma ou para xerar unha denuncia pública só contribúe a expoñer aínda máis a imaxe do menor nunha situación vulnerable á conta de xerar morbo. A forma de denunciar un abuso é ante o centro escolar ou ante a xustiza. Aí si. Expoñendo ao menor aínda máis ante miles de persoas nunha situación de violencia, de burla, de pelexa, só agrava o problema emocional que xera o feito en si. Algúns destes vídeos fanse víralles e circulan durante anos, millóns de persoas venos, por favor NON OS COMPARTAS, NON é a forma de axudar á infancia.

Nota: todos estamos a aprender a convivir en redes. Non se trata de ocultar ás crianzas delas, senón de usar o sentido común.

FONTE

 

 

Día do libro: Comezan a circular as "Mochilas Viaxeiras"

Queridas familias:

Desde o equipo de biblioteca lanzamos a actividade "Mochilas Viaxeiras". Son unha representación dalgúns recursos de diferentes temáticas que tedes á vosa disposición no centro.

Chegarán á casa semanalmente e dentro atoparedes tamén:

  • Unha nota informativa.
  • Unha listaxe do contido cun espazo para poñer as vosas valoracións e observacións.

Trátase de que poidades gozar dos recursos da nosa biblioteca e crear momentos familiares a partir de lecturas compartidas.

Agradecemos a vosa participacion.

Un cordial saúdo. 

Pinchade da imaxe para ver todas as fotos.

Álbum: Curso 21-22 -> Mochilas Viaxeiras

As nenas e os nenos teñen dereito a non dar bicos nin apertas se non queren facelo

O máximo que se lle pode solicitar a un neno ou a unha nena é que trate aos outros con respecto, pero nunca que faga demostracións soamente por contentar á devandita persoa ou ao adulto que llo indica, eles e elas deben ter sempre o control das eleccións no referente ao seu corpo e á forma na que interactúan cos outros, xa que mentres máis rápido asimilen que teñen o total dereito de decidir que facer e con quen, mellor será o seu desenvolvemento persoal e máis positiva a súa visión sobre se mesmos, aprendendo a respectarse e a coidarse sempre, sen importar o que digan os outros, algo que aínda que pareza simple nunha situación cotiá de dálle “un bico á tía ou se poñerá triste”, en realidade ten un significado realmente importante en canto a non deixar paso á manipulación, á obrigación ou ao condicionamento.

 

Crianzas autónomas e responsables

“Se queres que as túas crianzas manteñan os pés na terra, pon un pouco de responsabilidade sobre os seus ombros”. » Abigail Van  Buren

Pinchade na imaxe

 

 

 

Charla: Internet segura para as crianzas

25/01/2022 20:30
Europe/Madrid

Charla: Internet segura para as crianzas

Queridas familias:

Cando se trata de protexer ás crianzas, moitas veces as persoas adultas non sabemos moi ben como actuar. Tan negativo é ser demasiado prohibitivo como permisivo, por iso, para achegar unha maior educación dixital ás familias, nace o Plan Director.

O martes 25 de xaneiro ás 20:30h imos organizar no colexio unha charla impartida por expertos da Garda Civil na que nos van poñer ao día sobre os riscos que corren as nosas crianzas ao navegar polas Redes Sociais sen supervisión.

A nosa intención é que poidan asistir o maior numero de persoas posible, xa que o tema que se vai tratar é relamente moi importante e serio, polo que precisamos que vos inscribades a través de Abalar para poder garantizar as medidas de prevención sanitaria. A charla vai estar aberta a toda a comunidade escolar pero debido ao aforo COVID van ten prioridade as familias con alumnado escolarizado no centro.

 Pinchade na imaxe.

Distribuir contido