Ollos de Aula, Recursos Compartidos, Cociñando xunt@s, Plan Alerta Escolar, Colaborando para detectar o maltrato infantil, Lecturas a catro mans, Xunt@s contra o acoso escolar, Crianza, O galego "vai" contigo, Internet segura para as crianzas

10D Día Internacional dos Dereitos dos Animais

 

Este texto definitivo da Declaración Universal dos Dereitos do Animal, foi adoptado pola Liga Internacional dos Dereitos do Animal e as Ligas Nacionais afiliadas trala 3ª Reunión sobre os dereitos do animal, celebrados en Londres do 21 o 23 de setembro de 1977.

 

 Artigo 1º: Todos os animais nacen iguais ante a vida e teñen os mesmos dereitos á existencia.

Artigo 2º: a) Todo animal ten dereito ao respecto. b) As persoas, en tanto que especie animal, non poden atribuírse o dereito de exterminar aos outros animais ou de explotalos violando ese dereito. Ten a obriga de poñer os seus coñecementos ao servizo dos animais. c) Todos os animais teñen dereito á atención, aos coidados e á protección das persoas.

Artigo 3º: a) Ningún animal será sometido a malos tratos nin a actos crueis. b) Se é necesaria a morte dun animal, esta debe ser instantánea, indolora e non xeradora de anguria.

Artigo 4º: a) Todo animal pertencente a unha especie salvaxe, ten dereito a vivir libre no seu propio ambiente natural, terrestre, aéreo ou acuático e a reproducirse. b) Toda privación de liberdade, incluso aquela que teña fins educativos, é contraria a ese dereito.

Artigo 5º: a) Todo animal pertencente a unha especie que viva tradicionalmente no entorno das persoas, ten dereito a vivir e medrar ao ritmo e nas condicións de vida e de liberdade que sexan propias da súa especie. b) Toda modificación do devandito ritmo ou as devanditas condicións que foran impostas polas persoas con fins mercantís, é contraria ao devandito dereito.

Artigo 6º: a) Todo animal que as persoas escolleron como compañeiro, ten dereito a que a duración da súa vida sexa conforme a súa lonxevidade natural. b) O abandono dun animal é un acto cruel e degradante.

Artigo 7º: Todo animal de traballo ten dereito a unha limitación razoable do tempo e intensidade do traballo, a unha alimentación reparadora e ao repouso.

Artigo 8º: a) A experimentación animal que implique un sufrimento físico ou psicolóxico é incompatible cos dereitos do animal, tanto se se trata de experimentos médicos, científicos, comerciais, como toda outra forma de experimentación. b) As técnicas alternativas deben ser utilizadas e desenvolvidas.

Artigo 9º: Cando un animal é criado para a alimentación debe ser nutrido, instalado e transportado, así como sacrificado, sen que disto resulte para el motivo de ansiedade ou dor.

Artigo 10º: a) Ningún animal debe ser explotado para esparexemento das persoas. b) As exhibicións de animais e os espectáculos que se sirvan de animais son incompatibles coa dignidade do animal.

Artigo 11º: Todo acto que implique a morte dun animal sen necesidade é un homicidio, é dicir, un crime contra a vida.

Artigo 12º: a) Todo acto que implique a morte dun gran número de animais salvaxes é un xenocidio, é dicir, un crime contra a especie.b) A contaminación e a destrucióndo ambiente natural conducen ó xenocidio.

Artigo 13º: a) Un animal morto debe ser tratado con respecto.b) As escenas de violencia son vítimas, deben ser prohibidas no cine e na televisión, salvo se eles teñen como fin o dar mostra dos atentados contra os dereitos dos animais.

Artigo 14º: a) Os organismos de protección e salvagarda dos animais, deben ser representados a nivel gobernamental. b) Os dereitos do animal deben ser defendidos pola Lei, como o son os dereitos das persoas.

Doña Fantasía

Pincha na imaxe.

La pequeña intolerancia

"La Pequeña Intolerancia" é un ser diminuto pero moi, moi poderoso. Entra ás agochadas nas nosas casas e, se non estamos alerta, crea a un ser aínda máis poderoso: "El Odio". Pola súa culpa rexeitamos ao que é distinto, burlámonos dos demais…Pero non hai que perder a esperanza. Se estamos alerta, veremos ao "Gran Respeto" listo para impoñerse sobre estes dous malignos seres."

Para que serven os Días Internacionais?

"Sensibilizar, concienciar, chamar a atención, sinalar que existe un problema sen resolver, un asunto importante e pendente nas sociedades para que, a través desa sensibilización, os gobernos e os estados actúen e tomen medidas ou para que a cidadanía así o esixa ás/aos súas/seus representantes."

Pincha na imaxe.

Culturgal 2018 no Pazo da Cultura de Pontevedra

Música en directo, ciencia, contacontos, obradoiros, teatro, maxia, libros animados, visitas concertadas, etc.

Os Bolechas queren saber como producir menos lixo

Pincha na imaxe para descargar o libro.

Non hai nada imposible se o facemos xuntos

Nunca deixes pasar unha oportunidade de facer a alguén sorrir.

 

Distribuir contido