10D Día Internacional dos Dereitos dos Animais

 

Este texto definitivo da Declaración Universal dos Dereitos do Animal, foi adoptado pola Liga Internacional dos Dereitos do Animal e as Ligas Nacionais afiliadas trala 3ª Reunión sobre os dereitos do animal, celebrados en Londres do 21 o 23 de setembro de 1977.

 

 Artigo 1º: Todos os animais nacen iguais ante a vida e teñen os mesmos dereitos á existencia.

Artigo 2º: a) Todo animal ten dereito ao respecto. b) As persoas, en tanto que especie animal, non poden atribuírse o dereito de exterminar aos outros animais ou de explotalos violando ese dereito. Ten a obriga de poñer os seus coñecementos ao servizo dos animais. c) Todos os animais teñen dereito á atención, aos coidados e á protección das persoas.

Artigo 3º: a) Ningún animal será sometido a malos tratos nin a actos crueis. b) Se é necesaria a morte dun animal, esta debe ser instantánea, indolora e non xeradora de anguria.

Artigo 4º: a) Todo animal pertencente a unha especie salvaxe, ten dereito a vivir libre no seu propio ambiente natural, terrestre, aéreo ou acuático e a reproducirse. b) Toda privación de liberdade, incluso aquela que teña fins educativos, é contraria a ese dereito.

Artigo 5º: a) Todo animal pertencente a unha especie que viva tradicionalmente no entorno das persoas, ten dereito a vivir e medrar ao ritmo e nas condicións de vida e de liberdade que sexan propias da súa especie. b) Toda modificación do devandito ritmo ou as devanditas condicións que foran impostas polas persoas con fins mercantís, é contraria ao devandito dereito.

Artigo 6º: a) Todo animal que as persoas escolleron como compañeiro, ten dereito a que a duración da súa vida sexa conforme a súa lonxevidade natural. b) O abandono dun animal é un acto cruel e degradante.

Artigo 7º: Todo animal de traballo ten dereito a unha limitación razoable do tempo e intensidade do traballo, a unha alimentación reparadora e ao repouso.

Artigo 8º: a) A experimentación animal que implique un sufrimento físico ou psicolóxico é incompatible cos dereitos do animal, tanto se se trata de experimentos médicos, científicos, comerciais, como toda outra forma de experimentación. b) As técnicas alternativas deben ser utilizadas e desenvolvidas.

Artigo 9º: Cando un animal é criado para a alimentación debe ser nutrido, instalado e transportado, así como sacrificado, sen que disto resulte para el motivo de ansiedade ou dor.

Artigo 10º: a) Ningún animal debe ser explotado para esparexemento das persoas. b) As exhibicións de animais e os espectáculos que se sirvan de animais son incompatibles coa dignidade do animal.

Artigo 11º: Todo acto que implique a morte dun animal sen necesidade é un homicidio, é dicir, un crime contra a vida.

Artigo 12º: a) Todo acto que implique a morte dun gran número de animais salvaxes é un xenocidio, é dicir, un crime contra a especie.b) A contaminación e a destrucióndo ambiente natural conducen ó xenocidio.

Artigo 13º: a) Un animal morto debe ser tratado con respecto.b) As escenas de violencia son vítimas, deben ser prohibidas no cine e na televisión, salvo se eles teñen como fin o dar mostra dos atentados contra os dereitos dos animais.

Artigo 14º: a) Os organismos de protección e salvagarda dos animais, deben ser representados a nivel gobernamental. b) Os dereitos do animal deben ser defendidos pola Lei, como o son os dereitos das persoas.