Guía para a detección do maltrato infantil

Son moitos os casos de maltrato infantil que quedan no anonimato. É imprescindible que a situación detectada chegue a ser coñecida por aqueles que teñen o deber de velar polo benestar dos nenos e nenas: os seus pais, se o maltrato se produce por parte de terceiras persoas alleas á familia, e os servizos de protección á infancia se o maltrato se dá no propio seo familiar.

Debemos comprender a urxencia e necesidade dun esforzo común en detectar e notificar toda situación de malos tratos á infancia, como único xeito de evitar que esta se cronifique e que as secuelas do maltrato pasen a ser permanentes.

 

Onde se fai a notificación?

- SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO: 986 36 21 25 / servizossociais@concellodeoia.es

É a vía ordinaria. Os profesionais dos servizos sociais municipais están capacitados para valorar inicialmente o caso e decidir se poden intervir directamente ou deben derivalo a outros organismos. 

- CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL: 986 81 70 63 / 986 81 70 86 / 986 81 73 93 / maltrato.infantil.co@xunta.es

Cando hai certeza ou unha sospeita razoable de que a saúde ou seguridade dun neno ou dunha nena están en perigo, pódese acudir directamente aos servizos especializados de protección da infancia, que adoptarán as medidas oportunas. 

 

Pincha nas imaxes.