Skip to Content

REBORRADIO 

 

Libros

"O NENO CAN"

Hai uns días presentouse un libro no que Fina Casalderrey e Francisco Castro escriben cinco relatos dándolles voz a nenos e nenas de todo o mundo aos que se lles rouban os seus dereitos día a día e que os escritores escriben a favor de UNICEF.

A ilustradora Patricia Castelao ponlle imaxe ás vidas destes rapaces e rapazas para denunciar os abusos e inxustizas das que son vítimas inocentes en todo o mundo.

 

"¡CÓMO MOLA TU ESCOBA!" JULIA DONALDSON.

Se nunca na vasoira

dunha bruxa viaxaches,

podes subir nela agora

e visitar moitos lares.

 

DE 3 A 8 ANOS.

"EL GRAN LIBRO DEL MIEDO".

Se de medo queres temblar,

vinte e unha historias neste libro lerás.

Terroríficas pantasmas,
vampiros e bruxas dos grandes mestres coñecerás.
De 10 a 12 anos.

DON QUIJOTE NA REDE.

     Durante esta semana escoitamos, a través da radio interna do cole, fragmentos da novela de Miguel de Cervantes "El Ingenioso Hidalgo Don Quijote de la Mancha", nas voces dos compañeiros e compañeiras de 5º.

     Neste enlace podedes acceder a esta obra facilitada pola Biblioteca Nacional.

DON QUIJOTE DE LA MANCHA

  

DÍA DO LIBRO.

DÍA DO LIBRO. on PhotoPeach

     Aquí vos deixamos unha mostra da celebración do Día do Libro.

UN LIBRO PARA AS FAMILIAS: "SOSTIENE PEREIRA"

             Recomendámosvos a lectura da novela "Sostiene Pereira", do recentemente falecido Antonio Tabucchi, candidato en varias ocasións ao Premio Nobel e ao Príncipe de Asturias.

     Conta a historia dun vello xornalista no Portugal da dictadura de Salazar que entra en contacto cun mozo, Monteiro Rossi, con quen establecerá unha intensa relación que o fará preguntarse sobre a necesidade de loitar pola xustiza ou pola vida; así como polo verdadeiro papel da prensa ao servizo do silencio ou da verdade.

 

A ESMORGA TRASPASA FRONTEIRAS!

     Dámosvos a benvida ao noso blogue cunha nova moi interesante para a nosa literatura: 

     A novela de Eduardo Blanco Amor, "A Esmorga", acaba de ser traducida ao inglés polo profesor Craig Patterson, cumpríndose así o soño deste autor galego.

     O título da versión inglesa é "On A Bender".


Aula Abalar

Traballando cos Libros Dixitais na Aula Abalar

Sorry, flash is not available.

Distribuir contido


by Dr. Radut