try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

Matrícula 2018- 2019

 MATRÍCULA CURSO 

2018-2019
Procedemento a seguir:
1º- Reserva de praza para centros adscritos 
2º- Solicitude de admisión do 1 ao 20 de marzo (Para alumnos/as non pertencentes ao Centro).
SÓ SE PODE PRESENTAR UNHA ÚNICA SOLICITUDE no centro no que se solicita praza en primeiro lugar.
3º- Formalización da matrícula (Para os alumnos/as admitidos ou que confirmen a reserva)
Poden consultar toda a información do proceso na seguinte dirección:

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/21113

CALENDARIO ADMISIÓN DO ALUMNADO

 Do 1 ao 15 febreiro. Reserva de praza.

O alumnado xa matriculado no centro, ten garantida a súa permanencia e, polo tanto, non precisa realizar trámite algún.

IMPRESO PARA SOLICITUDE DE RESERVA.  Anexo I

Alumnado do EE Ribadelouro para o CEIP Rebordáns

Alumnado do CEIP Rebordáns para o IES Indalecio Pérez Tizón

 

·         O 28 de febreiro: Publicación de vacantes.

·         Do 1 ao 20 de marzo: Presentación de solicitudes de admisión.

Solicitudes a través da aplicación:

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ 

·         Do 25 de marzo ao 5 de abril: Presentación de documentación acreditativa dos criterios de admisión.

·        Antes do 17 de abril: Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos. Prazo para reclamacións: ata o 7 de maio.

Antes do 15 de maio: Publicación listaxes definitivas.

·         Do 18 ao 28 de xuño: Formalización da matrícula para o alumnado de educación infantil e primaria.

FORMULARIO MATRÍCULA EN EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA. Anexo III (pdf)


Cando non existan prazas suficientes, o proceso de admisión rexerase polos seguintes criterios prioritarios:

a) Existencia de irmás/irmáns matriculadas/os no centro.

b) Nai, pai,titora ou titor que traballe no centro.

c) Proximidade do centro ao domicilio familiar ou ao lugar de traballo das/dos nais/pais ou titoras/es.

d) Renda anual percápita da unidade familiar.

e) Condición de familia numerosa.

f) Condición de familia monoparental.

g) Concorrencia de discapacidade na alumna ou alumno ou en nai, pai, titora,titor,irmá ou irmán do alumnado.


Documentación acreditativa dos criterios anteriores:

b) Certificado de empadronamento municipal ou certificado da empresa onde traballa o pai/nai/titor-a ou alta censal da Axencia Estatal Tributaria se traballa por conta propia.

d) Certificación expedida polo órgano competente da Xunta de Galicia.

e) Fotocopia do título de Familia Numerosa.


Para a E.S.O., este Centro está adscrito ao I.E.S. Indalecio Pérez Tizón

FORMALIZACIÓN MATRÍCULA
Documentación a presentar na Secretaría do Centro do 18 ao 28 de xuño:

1) Impreso de matrícula debidamente cuberto.
2) Fotocopia da cartilla de vacinacións.
3) Fotocopia da tarxeta sanitaria.
4) 3 fotografías tipo DNI para 1º de infantil, 2 para os outros cursos. 
5) Autorización de uso da imaxe do alumno/a para publicar na web do Centro.
6) Certificado  empadroamento. 
7) Opción sobre: Relixión - Valores sociais e cívicos.