try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

Semana Europea da Prevención de Residuos 2018 - 17 a 25 de Novembro

Sogama participa na Semana Europea da Prevención de Residuos (do 17 ao 25 de novembro de 2018) coa campaña “Reducir para sumar”. Na mesma intégrase un paquete de accións para traballar a redución de residuos en diferentes escenarios e con distintos públicos. É o caso da edición do libro de receitas de cociña con sobras de comida aportadas polo centro penitenciario de Monterroso (Lugo) e bautizado co título “Saboroso reciclaxe, así como a publicación dun manual de boas prácticas orientado á poboación en xeral a fin de que esta introduza a sostibilidade na xestión dos seus refugallos.