try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

Un pouquiño do CEIP Rebordáns en País Bassari

No mes de abril, desenvolvemos unha campaña de apoio á ONG, Africa Sawabona (africasawabona.org) que actúa en  País Bassari (Senegal) a nivel sanitario.   A partires da entrega do material que recollimos no centro  ( medicamentos, material sanitario, cepillo de dentes e pasta de dentes), a ONG fainos partícipes do traballo que realizan para mellorar as condicións de vida e de sáude da poboación e polo Nadal, como mostra de agradecemento enviáronnos esta imaxe na que inclúen o nome do noso centro.