try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

Un dia de cine

A produtora cinematográfica Claqueta Coqueta, a través dun dos seus representantes, o director e actor galego Rubén Riós, vén visitarnos o martes, 16 de maio, ás 10.00 h para presentarnos a curtametraxe “Vida” e o documental “Máis ca vida”.

Trátase dun proxecto audiovisual que está integrado no curso “Aulas I + I: Inclusivas e igualitarias“ ,convocado pola Consellería de Política Social e que se está a desenvolver durante este curso no centro.

Con estas proxeccións, a través de testigos reais e desde distintas perspectivas, téntase mostrar e dar a coñecer a realidade das persoas con distintas capacidades.

Dada a importancia desta actividade, invitamos a todas as familias a asistir a estas proxeccións e na que terán a oportunidade de dialogar co director Rubén Riós e cos protagonistas do traballo.