Skip to Content

Orientación

TDAH

O  profesorado do centro asiste a unha xornada sobre TDAH. 

Nesta ocasión, a psicopedagoga Paula Suárez, do gabinete POSITIVANDO, informou ao equipo docente do centro sobre o trastorno do déficit de atención e a hiperactividade. Fixo unha exposición sobre as causas que o provocan, facendo fincapé nas distintas terapias recomendadas para tratar ditos problemas. Así,  a xornada desenvolveuse moi satisfactoriamente, razón pola que, dende o centro, queremos agradecer públicamente.

   

 

  

 

Charla sobre o abuso e maltrato infantil

 

 

      O profesorado do centro recibe formación contra o abuso sexual infantil e o maltrato. O pasado martes todos os docentes do centro recibiron unhas nocións sobre esta lacra que atenaza a nosa sociedade. Entre outras cuestións puxéronse enriba da mesa as causas polas que se producen e os mecanismos máis axeitados para poder detectalo e denuncialo. Dita sesión estivo desenvolvida por voluntariado da asociación galega AMINO, á cal queremos dar as grazas públicamente. Se precisan máis información, pódense dirixir a dita asociación no enderezo www.aminogal.es .

 

 

  

  

 

TEA. Formación.

    O profesorado do centro recibe formación sobre o TEA (Trastorno do Espectro Autista). A conferencia foi impartida por profesionais que traballan a diario con estas persoas , traballadoras da Fundación Menela, e queremos agradecer a  presencia no centro tanto a Iria como a Bibiana.

 

 

     

RESOLUCIÓN DE CONFLICTOS

O vindeiro martes 12 ás 17:00 terá lugar no colexio unha charla-coloquio sobre a resolución de conflictos.

Atentamente. DO.

FONDO SOCIAL EUROPEO

 

Distribuir contido


Ligazóns de interese

- PORTAL DA XUNTA

- IES DE BEADE

- CONCELLO DE VIGO

by Dr. Radut