Skip to Content

Benvidos e benvidas á web do CEIP Coutada- Beade de Vigo.

 

Somos un centro aberto á participación das familias e institucións locais, propoñéndonos impartir unha educación de calidade que non se quede só na instrucción, senón que tenta  transmitir valores como a coeducación, a responsabilidade, a autoestima e a convivencia. O profesorado, a través da titoría e da orientación, presta unha atención individualizada que permite a cada nena ou neno desenvolver ao máximo as súas posibilidades. Para esta tarefa, conta coa corresponsabilidade das familias, coas que realiza un traballo compartido.
O centro celebra as seguintes conmemoracións: Magosto, Samaín, Nadal, Día da Paz, Entroido, Día da Muller Traballadora, Día do Libro, Semana das Letras Galegas e Festa da Cereixa, entre outras.
Impártense os programas habituais en educación infantil e primaria, e, ademáis, tamén se introduce o inglés desde infantil, existindo tamén a opción de francés (se hai demanda). En dous cursos (2º e 4º), a educación artística é bilingüe (castelán-inglés) e contamos cunha persoa nativa como auxiliar de conversa.



Ligazóns de interese

- PORTAL DA XUNTA

- IES DE BEADE

- CONCELLO DE VIGO

blog | by Dr. Radut