Skip to Content

blogue deadmingt

CONTO RATITA PRESUMIDA AULA DE 3 ANOS

Cociña con amorodos.

BOS DÍAS.

Hoxe, no centro, dentro do proxecto de froita escolar, fixemos unha receita con aqueles amorodos que nos sobraron do día anterior.

Os nenos e nenas foron á cociña do cole a elaborar esta receita. Déixovos unhas imaxes de proba e tamén a receita.

Receita.

Amorodos con vinagre.

Necesitamos 1 kg de amorodos.

Dúas culleradas colmadas de azucre.

Dúas culleradas de vinagre (mazá ou viño).

Cortamos os amorodos en anacos pequenos. Botamos o azucre e o vinagre e remexemos.

Logo, remexeremos cada 30 minutos ata completar as 3 horas de maceración.

A degustar.

    

  

EXCURSIÓN INFANTIL APÍPOLIS

Brincan os versos, cantan as palabras.

    Esta semana festexamos unha data destacada no calendario escolar: "AS LETRAS GALEGAS". As poetisas e poetas galegos deixáronnos un importante legado que debemos preservar e divulgar. O alumnado de terceiro presenta este vídeo homenaxeando aos escritores galegos, "BRINCAN OS VERSOS, CANTAN AS PALABRAS".

FONDO LIBROS E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 22/23.

Estimadas familias:

Aquí tedes os Anexos I e II  para cubrir para o fondo libros do curso 2022/2023.

Podédelo tramitar de dous xeitos: vía telemática ou no centro.

Distribuir contido


Ligazóns de interese

- PORTAL DA XUNTA

- IES DE BEADE

- CONCELLO DE VIGO

by Dr. Radut