Skip to Content

Educ. Física

Xornada deporte inclusivo

   O 24 de abril, alumnado de 5º e 6º de primaria, asistiron a unhas xornadas sobre deporte inclusivo. Tiveron a oportunidade de porse no lugar dunha persoa con discapacidade física, psíquica e sensorial, practicando deporte .

   Así, foron capaces de entender as dificultades coas que estas persoas se enfrentan diariamente, e que, son capaces de participar en calquera ámbito da súas vidas, incluídos os deportes, simplemente facendo unhas pequenas modificacións.

   Unha experiencia recomendable.

Cociña con amorodos.

BOS DÍAS.

Hoxe, no centro, dentro do proxecto de froita escolar, fixemos unha receita con aqueles amorodos que nos sobraron do día anterior.

Os nenos e nenas foron á cociña do cole a elaborar esta receita. Déixovos unhas imaxes de proba e tamén a receita.

Receita.

Amorodos con vinagre.

Necesitamos 1 kg de amorodos.

Dúas culleradas colmadas de azucre.

Dúas culleradas de vinagre (mazá ou viño).

Cortamos os amorodos en anacos pequenos. Botamos o azucre e o vinagre e remexemos.

Logo, remexeremos cada 30 minutos ata completar as 3 horas de maceración.

A degustar.

    

  

Promovendo o deporte adaptado.

O alumnado de 6º participou, o pasado venres, nunhas xornadas de promoción do deporte adaptado. Podedes botarlle un ollo ás imaxes.

Saúdos.

DISTINCIÓNS

Parabéns a todas as persoas que chegaron ata aquí. Podes descargar o teu dicploma facendo clic no teu nome.

Nerea

Ainara

Marta

Xiana M

Sergio

Pablo

Carolina

Brais Alonso

Manuel Orge

Sofia

Actividade na casa

Estimadas familias..

Para manter un mínimo grao de actividade dos vosos fillos durante esta cuarentena, que parece non ter fin, vou intentar axudarvos dando unhas indicacións sinxelas coas que podemos activar aos nenos e nenas en casa, sempre dentro das posibilidades de espazo nas casas.

En primeiro lugar é moi importante un horario rutinario. Comprendo que para vós non é facil conciliar o confinamento cos fillos, o voso traballo, o espazo limitado, etc, paciencia, sen agobios, son ideas para axudar, non obrigas. Pero sí que é importante establecer unha rutina de activación, por exemplo, facer estes xogos ou exercicios 3 ou 4 veces por semana. O material que empreguemos, evidentemente será aquel que teñamos por casa, botellas de plásticos, cordas, cadeiras, cinta adhesiva etc.

Na páxina web do centro irei colgando ideas, enlaces, xogos, indicacións.

Grazas pola vosa colaboración e comprensión.

ÁNIMO.

Distribuir contido


Ligazóns de interese

- PORTAL DA XUNTA

- IES DE BEADE

- CONCELLO DE VIGO

by Dr. Radut