Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Infantil

ENFARIÑAR,ENFARIÑEIME

Grafomotricidade, escritura e o goce de manipular, tocar,marcar....en FARIÑA.

Abrochando á Profe.Hai que colaborar, é o xusto.

PROGRAMA CONTARTE

A nosa Profe Eli veu hoxe a contarnos un conto.Foi espectacular!!!. O conto foi construíndo o cadro "As mil e unha noites" de Matisse. Que era artista plástica xa o sabíamos...pero que ademáis inventara contos e fose unha gran actriz e relatora...Un luxo.Grazas ELI!!!

EXCURSIÓN DE INVERNO

Hoxe saímos de excursión a ver "o Inverno".Pintamos nos coches,vimos todo o campo branco,fixemos de dragóns botando o alento.Que frío facía!!! Ata os dentes de león estaban conxelados.Menos mal que despois había chocolate con churros na sala de profes..

FORMAS E FORMAS

Coñecemos as formas xeométricas e seriamos,contamos....Construímos rombos,rectángulos e ata paiasos!!!.Artistas!!!

CONTARTE

  Hoxe tivemos a sorte de contar coa violinista e profesora ESTRELA GÓMEZ VIÑAS que nos contou da súa afición pola música e nos "tocou" un precioso conto.Tamén aprendimos como é un violín e que o arco leva crines de cabalos de Mongolia!!!.

Fixemos chuvia,ventos,tronos.....coa boca,cos pés,coas mans...Que ben o pasamos e canto aprendimos!!!

RECANTO DE CARIÑAS

Bocas,ollos,orellas,narices e cellas pintadas en pedras.Hala!!! A formar cariñas....aínda que algunha saia con tres ollos.Viva a diversidade!.

AO CEN POR CEN

So dous días de cole e xa estamos a pleno rendemento.Vera escribindo magníficamente.Na clase de tres anos experimentando....Que pasará co dinosaurio?Beberá toda a auga do frasco?....Agardando resultados....

       

  E de novo nos Recantos de Arte.

COLABORANDO

Que difícil é quitar o mandilón!!!.Axúdasme?

       

A VOLTA

Xa estamos de volta e temos tanto que contar....

Distribuir contido