Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Infantil

COMÉNDONOS PARÍS

Nesta Volta ao mundo que estamos a dar a comida é moi importante.Croissants e fromage franceses que fumos mercar a Eroski.Escollimos,pagamos,repartimos  e....A COMER!!!


COMÉNDONOS PARÍS - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

A PARÍS EN AVIÓN

Nesta volta ao mundo que estamos a dar ,hoxe saímos en avión cara a París.Tivemos que ensinar o billete,buscar ben o noso asento,poñer o cinturón...O piloto era fantástico, a azafata ofreceunos bebidas....Foi unha viaxe fantástica!!!.Despois o servizo de limpeza deixou todo impecable.

ENTROIDO

Por fín chegou o día. Así lucíamos como se viñeramos directamente da Habana.

FILLOAS

Viñeron a facer filloas o avó de Adriana,a mamá e o papá de Xabier,Marga e a súa sogra. Aprendimos que ingredientes levan,como se mesturan e como se fan.Tamén coñecimos os utensilios que se utilizan.E sobre todo estaban tan ricas que entre as filloas e todo o que trouxemos da casa...buf!!!Como nos puxemos!!!

4º MANDATO DA BRUXA ENCARNACIÓN

O último mandato da Bruxa Encarnación era vir coa cara pintada de pirata

3º MANDATO DA BRUXA ENCARNACIÓN

O tercer mandato da Bruxa Encarnación era traer os calcetíns por fóra do pantalón.

2º MANDATO DA BRUXA ENCARNACIÓN

O segundo mandato da Bruxa Encarnación era colgar algo da cociña no pescozo.

GRAZAS ÁNGELES!!!

Toda a comunidade educativa volcada na nosa volta ao mundo.Grazas Ángeles!!!

       

OS MANDADOS DE ENCARNACIÓN

Chega o Entroido e a nosa bruxa Encarnación empeza a rebulir e maquinar o que nos vai mandar...o luns algo na cabeza.E aí estamos...

MOMENTOS

Hai tantos momentos...no patio,traballando a casiña do sete,escoitando o que nos contan sobre Encarnación os e as maiores..Pois....imposible atopar algo mellor.

Distribuir contido