Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Infantil

VISITA A CORREOS

O luns 19 de decembro fumos de excursión a Correos.Levamos unha carta para as nosas familias cunha preciosa postal de felicitación das festas que nos regalou a ANPA.Alí nos explicaron todo o proceso de envío das cartas e paquetes,os medios de transporte que usan, como as clasifican...e nos ensinaron os casilleiros das cartas para Papá Noel e os Reís Magos.Ademáis nos agasallaron cun cómic e con caramelos. Pasámolo xenial!!!

PROGRAMA CONTARTE

Comezamos o programa co noso pintor favorito LEANDRO LAMAS .Contounos o que pinta,as cores que máis lle gustan,as clases que da no noso cole....Ahhhhh e tamén que é actor!!!.

Grazas Leandro!!!

LEO , LEO.

Leo,leo.

Que les?.

Unha palabriña.

Que palabriña é?.

Comeza por.........

    As nenas e nenos de 6º de E.I lendo e lendo

GRAZAS ARRECENDO

Queríamos facer un bonequiño de neve, Olaf, con vasos de refugallo....Pero HORROR ...Non tiñamos suficientes......Que facer?. Chamamos a Arrecendo e agasallounos con moreas de vasos de papel!!!.Uffff menos mal!!!.Claro, tamén fixemos un Olaf para a cafetería e hoxe levamosllo co noso agradecemento.

NA COCIÑA

Hoxe fixemos galletas de Nadal!!!.O primeiro foi poñer os gorros de cociñeiros e cociñeiras .Despois no comedor repasamos os ingredientes,modo de elaboración e pesamos, medimos,amasamos e traballamos os números ata o cinco.Axudounos Marta a mamá de Irene e ao final convidamos tamén á clase de Silvia.

Estaban boísiiiiiiiiiiiimaaaaaaaaaassssssssss.

MOMENTOS

Rodiñas de charla ou barrigas no chan para traballar.Momentos deliciosos.

                                 

CAIXIÑAS DE OUTONO

A concelleira Mary Carmen Martínez inaugurou o día 5 de decembro a exposición de E.I de Centieiras "Caixiñas de Outono" na entrada do Concello de Fene.Alí podedes ver traballos feitos con caixas de zapatos e todo tipo de elementos do Outono:follas,millo,ourizos,noces....Previamente coñecimos tamén os froitos,as froitas,as cores,o clima.....e contamos,clasificamos,seriamos,cantamos,nomeamos......Buf!!!.Canto aprendimos co Outono!!!. Ä inauguración nos acompañaron as familias e ademáis estivemos na radio cantando e recitando sobre o Outono. Tamén saímos na prensa con foto e todo. Polo camiño atopamos algún dos carteis anunciadores.Todo un acontecemento artístico en fene.(Non deixedes de vela, está ata o día 20 de decembro)

PREPARANDO O NADAL

En E.I estamos a elaborar un bonequiño de neve con vasos de refugallo.Van quedar preciosos.

Tamén miramos con moita atención o Belén que montaron Marcial e Teresa...aínda que o máis difícil é non tocar nada!!!

RECANTOS DE ARTE

E ahí están as nosas nenas e nenos de E.I coñecendo mozart,Beethoven,Miró e Maruja Mallo e Picasso nos RECANTOS de ARTE. Bailamos sen zapatos,pintamos baixo as mesas,descubrimos as cores...E gozamos coas artes.

Día do Peón

Celebramos o Dia de San Martiño facendo peonzas e aprendendo a bailalas.

Distribuir contido