Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Infantil

As mates MOLAN

Con pinzas,con chapas,con follas.....Todo vale para divertirnos coas mates!!!

Matemáticas de outono

Todo vale para divertirnos coas matemáticas: contamos follas, clasificamos, seriamos, comparamos, estimamos….E desfrutamos colléndoas e vendo as súas preciosas formas e cores.

Regando

As nenas e nenos de 3 aniños tamén colaboran no horto: regando e camiñando con moito coidadiño para non pisar os repolos…..

Queridas árbores

No patio, despois de ler o conto do castaño cascarrabias, dímonos conta de que hai que querer moito ás árbores. As mimamos e lles dimos montóns de apertas

Asambleas

E aquí están as nenas e nenos “maiores” de Educación Infantil, atendendo, debatindo, conversando e aprendendo.

A recoller follas

A recoller follas !!!!!!!

Armadas e armados con preciosos cestiños, fumos recoller follas polo patio do cole. Habíaas amárelas, marróns, verdes…. de todo!!!

PASEO OUTONAL

O venres saímos de excursión de outono. Collimos follas,castañas,landras..... As e os "maiores" fixéronse cargo dos nenos  e nenas de tres anos.Todo estaba mollado e percibimos o arrecendo do campo en outono. Despois puxemos os nosos cestiños na exposición do cole.

E non choveu!!! Todo perfecto!!

COLABORANDO

Pode haber unha imaxe máis tenra???? Esto pasa moitas veces pero non sempre temos o móvil na man. Esta vez sí. Preciosa foto non?

 

 

RECOLLENDO OS MARMELOS

Tamén no patio facemos a colleita dos marmelos....con moitísima colaboración

A CASIÑA DE FALAR

Coa colaboración da ANPA fixemos A CASIÑA DE FALAR. Temos tres minutiños para amigarnos, bicarnos, darnos unha aperta....Para resolver os conflitos de forma pacífica. E ademáis quedou tan bonita que dan ganas de ir a ela. 

Distribuir contido