Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Infantil

HORTO

Este ano iniciamos o horto ben prontiño porque haille que dar de comer a LACITO.

Plantamos repolos e verzas...de momento. Haberá máis plantación, seguro

COELLIÑO

E un bo día apareceu no cole un coelliño branco coas orellas negras. Que emoción¡¡¡¡¡

Houbo que facerlle unha casiña, decorala, propoñer nomes.... Despois de moito pensar e de votar saiu elixido o nome de LACITO.

Agora hai que saber como é, o que come, onde vive, ...Seguimos investigando

MATEMÁTICAS DIVERTIDAS

Aprendemos a contar, seriar, ordear, sumar, restar ....de forma manipulativa e sobre todo DIVERTIDA

SAMAÍN

Que medo da o noso corredor !!!! Pero canto nos gusta o conto de CORRE CORRE CABACIÑA....

OUTONO

Traballamos o outono: cores, froitos, frutas, ... E fixemos un precioso mural para poñer na entrada do cole.

SILVIA MÁXICA

Fixemos maxia coa profe Silvia. Xuntando vermello con amarelo.....QUEDÁRONNOS AS MÁNS DE COR LARANXA !!! e frotando azul e amarelo !!! MANS VERDES !!!

MEDRAMOS

Aprendimos que desde que nacemos e estamos na Terra, cada ano damos unha volta ao sol. Así celebramos os nosos cumples.

TORRES

Co profe de Educación Física xogamos cos aros, coas cordas, e tamén nos divertimos facendo Co profe de Educación Física xogamos cos aros, coas cordas, e tamén nos divertimos facendo torres xigantescas torres xigantescas

MÚSICA

Xa imos a clase de educación musical !!!!! Xogamos aos caracois, escoitamos a Mozart e coñecemos as cancións máis divertidas.

HORA DE LER.

Todos os días temos a hora de ler. Encántannos os contos e cada día eliximos do atril da HORA DE LER o que nos van contar. Tanto da que sexa na clase, no corredor, no patio....o caso e ler o conto.

Distribuir contido