Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Infantil

APRENDENDO ÁRABE

Como "estamos" en Exipto, hoxe convidamos a Melouka, a mamá de Sihaib,Hosam e Rihab a falarnos en árabe. Ensinounos como se escribe e contounos os 7 cabritiños.Impresionante!!!. Grazas MELOUKA!!!


EXIPTO

Chegando a Exipto familiarizámonos có Sahara,o Nilo ,as pirámides,as cobras,os camelos.A nosa mesa de experiencias convertida no deserto!!!

CONTACONTOS ARBÓREOS

Na Día da Árbore tamén tivemos contacontos ,árbores,bosques,plantas,ríos e sobre todo aprendimos que hai que coidar da natureza e NON TIRAR LIXO!!!

CARME ROMERO:ESCULTURAS E LENDAS

Visitamos a exposición de Carme Romero sobre meigas,sabias e mulleres boas.Foi marabilloso escoitar as lendas e aprender como se fan as esculturas .Ademáis agasallounos cun catálogo dedicado!!!Grazas Carme Romero!!!

BICOS E BICOS

E bicos e máis bicos.Agarimos sen límite...

ESPAGUETIS

Hoxe cociñamos espaguetis.Canto comimos e que riquísimos estaban!!!



RÓMULO E REMO

Como "estamos" en Italia hoxe escenificamos a fundación de Roma e a lenda de Rómulo e Remo.Son artistaz@s!!!

 


É, NON É.

Xogando coas formas,os tamaños e as cores coa Profe Chus.

ITALIA

Saímos cara a Italia en tren.Foi moi difícil buscar o número de asento pero por fin o conseguimos.A viaxe foi estupenda  e ao final o tren quedou limpísimo.Nos revisaron e picaron os billetes e nos cuñaron o pasaporte...Au revoire París.Ciao Italia!!!


Distribuir contido