Skip to Content

Comedor

Comeza o comedor!

Deixámosvos o menú de setembro e o caderno para pais que inclúe as normas do comedor para este curso 2014/2015.

MENÚ MAIO. CHEGAMOS A SANTIAGO!

Durante este curso, como xa saberedes, dende o noso comedor escolar traballamos o Camiño de Santiago francés. Cada fin de mes o noso peregrino foi parando en diferentes cidades, e agora, o 29 de maio, chega a Santiago de Compostela, polo que o menú do comedor este día será:

1º prato: Empanada de millo

2º prato: Merluza á galega

Postre: Tarta de Santiago.

MENÚ DE FIN DE MES: BURGOS

NOVA PARADA: BURGOS

 

Menú de xaneiro 2014

Ola a todos e todas!

Aquí tedes o menú de xaneiro. O último día do mes teremos un menú de novo do Camiño de Santiago , para que a nosa degustación dos produtos típicos do camiño e os nosos peregrinos sigan avanzando. A última semana do mes descubriremos cal será a próxima parada!

Menú do comedor- Decembro 2013

Aquí temos o menú do comedor do mes de decembro e o cuadernillo para os pais e nais. Recordamos que o venres 20 de decembro temos xornada reducida , de 9:30 a 12:30, polo que hai servizo de transporte, pero NON hai servizo de comedor ese día. Retomamos as clases e o comedor o xoves 9 de xaneiro do 2014.

2º PARADA NO CAMIÑO DE SANTIAGO: NAVARRA

30 DE OUTUBRO - 2º PARADA

Outubro no comedor

 

DENDE O COMEDOR… HOMENAXE AO CAMIÑO DE SANTIAGO.

Como ben sabedes o último día de mes no comedor facemos un menú distinto para traballar algún país ou algún tema.

Este curso 2013-2014 decantámosnos por elaborar na nosa cociña os menús que degustan os peregrinos desde que saen de Francia ata chegar a Catedral de Santiago. A razón desta elección é, porque, ademais de coñecer a comida dalgunhas cidades  por onde pasan os peregrinos, facémoslle unha pequena homenaxe ao Camiño de Santiago e os seus preciosos paraxes.

O 17 de Maio de 1993 o Consello de Europa declara o Camiño de Santiago como Patrimonio da Humanidade. Innumerables son os camiños que levan a Santiago. O “Camiño Francés” é a ruta máis importante pola cantidade de peregrinos que transitaron e transitan por ela.

Imaxinemosnos pois, que somos un peregrino ou unha peregrina, que desexamos chegar a esa gran obra maestra, como é a catedral de Santiago. Pensemos que o camiño francés, polo que vamos a camiñar, non é nada fácil e que temos que repostar enerxía nas distintas casas de comidas que hai pola ruta. E como bo peregrino desexamos comer o menú típico deses lugares. Esperemos que disfruten connosco desta aventura gastrónómica.

 O último día de  SETEMBRO faremos a nosa primeira parada  en Francia e degustaremos  o seguinte menú:

1º plato: Ratatouille que é u unha receta provenzal moi popular en Francia. É un plato que se pode elaborar con todo tipo de hortalizas. Case sempre leva tomate, berenxena, calabacín, pimentos, cebola e allo.

   2º prato: Coq au vin. Prato moi antiguo. Todo moi francés: un bo viño, unhas herbas de provenza e un galo (no noso caso poremos polo), símbolo do estado francés.

 

 

 

Decreto 132/2013: Regulación dos comedores escolares (DOG)

Decreto 132/2013, do 1 de agosto, polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios dependentes da consellería con competencias en materia de educación.

Para poder ler o Decreto pinche aquí:

Menú de maio

Se picas na imaxe poderás ver o documento nun tamaño maior.

O mundo a través da comida

Menú de abril

Menú de marzo

Picando na imaxe pode verse o menú nun tamaño maior.

O mundo a través da comida

O mundo a través da comida

Menú de febreiro

Pica sobre a imaxe para vela máis grande.

Distribuir contido


by Dr. Radut