Skip to Content

Comedor

Menú de xuño

Xuntamos o menú especial que tivemos o último día do mes de maio adicado a científica Jane Goodall. Tamén achegamos o menú de xuño e o caderniño de despedida deste curso dende o comedor.

Menú de abril 2019

Adxuntamos o menú de abril con máis información sobre o PDI conCIENCIAte. Esta vez a información ten que ver cun lugar de España. Atrevédevos a investigar!

Menú de marzo

O menú de marzo que podedes ver a continuación ten un texto moi interesante relacionado unha vez máis con noso PDI conCIENCIAte.

Menú de xaneiro

Feliz ano 2019 a toda a comunidade educativa do CEIP Canosa-Rus!

Xa estamos de volta para comezar o segundo trimestre deste curso con moitas ganas . Comezamos colgando o menú de xaneiro e unha explicación moi interesante relacionada co noso PDI conCIENCIAte, esperamos que o disfrutedes moito!

MENÚ DE DECEMBRO E MENÚ DO P.D.I. " conCIENCIAte"

Adxuntamos o menú de decembro e o menú que degustamos o último día do mes de novembro relacionado coa científica Marie Curie. O menú foi un plato típico de Polonia, lugar de onde era esta científica, que foi entre outras cousas, a primera muller en obter un Premio Nobel. Este menú foi un éxito entre o noso alumnado. 

Menú de novembro 2018

Adxuntamos o menú do mes de novembro xunto con un texto intersantes sobre o PDI conCIENCIAte ; este texto trata sobre unha das científicas máis famosas de todos os tempos...quen será?

Ademais adxuntamos o menú especial relacionado co PDI que comimos o pasado día 31 de outubro.

Menú outubro 2018

Adxuntamos o menú do mes de outubro e unha introdución ao noso novo PDI ( Proxecto Documental Integrado) que trata sobre científic@s e inventos. Que novos menús de fin de mes teremos este curso?Preparádevos para disfrutar moito aprendendo e degustando menús de novos lugares. Comezamos a aventura!

Menú de setembro 2018

Adxuntamos o menú do mes de setembro e recordamos as normas do comedor. Dende o equipo de cociña desexamos que todos e todas teñades un bo comezo de curso!

Impresos de pago do comedor do mes de xuño

Os impresos de pago do comedor do mes de xuño para os usuarios con importe poderán pasar a reollerse polo centro a partir do día 5 de xullo.  Podedes entregar os xustificantes de pago  no cole ata o día 13 de xullo.

 

Menú de xuño

Adxuntamos o último menú deste curso escolar 2017-2018 e un cuadernillo de agradecemento. O comedor rematará o mércores 20 de xuño  .

Aproveitamos para recordarvos que as clases rematarán  o xoves 21 de xuño, con xornada reducida, de 9:30 h a 12:30 h, sen comedor e con transporte habitual. Este día teremos a festa de fin de curso organizada en colaboración coa ANPA do colexio de 10:00h a 12:00h. Esperamos a vosa asistencia para despedir o curso un ano máis.

Menú de maio

Adxuntamos o menú de maio e o cuadernillo deste mes que trata sobre unha lenda africana, "Lenda do Baobab". Que aproveite!

Menú de abril

Adxuntamos o menú de abril e o cuadernillo que nesta ocasión ten unha lenda de orixe mexicana que nos explica como chegou o millo a un pobo dunha parte de México. Esperamos que disfrutedes e sigades investigando  moito sobre as lendas de todas as partes do mundo!

Menú especial de marzo

Adxuntamos o menú de fin de mes de marzo que está inspirado na India, pola figura mitolóxica Ganesha.Podesde atopar no cuadernillo de marzo a súa historia. Esperemos que disfrutedes deste menú "Lendario".

Resultat d'imatges de ganesha

 

Menú de febreiro 2018

Nos seguintes enlaces podesde atopar o menú de febrerio e unha historia sobre a mitoloxía asturiana.

 

Menú de marzo

Nos seguintes enlaces podedes consultar o menú de marzo e curiosidades sobre a mitoloxía hindú. O menú especial de final demarzo será un plato típico da India.

Distribuir contido


by Dr. Radut