Skip to Content

MENÚ MAIO. CHEGAMOS A SANTIAGO!

Durante este curso, como xa saberedes, dende o noso comedor escolar traballamos o Camiño de Santiago francés. Cada fin de mes o noso peregrino foi parando en diferentes cidades, e agora, o 29 de maio, chega a Santiago de Compostela, polo que o menú do comedor este día será:

1º prato: Empanada de millo

2º prato: Merluza á galega

Postre: Tarta de Santiago.

Que aproveite peregrinos!

Aproveitamos para agradecerlles as nosas cociñeiras, Rosa e Ana, a dedicación na elaboración destes pratos que tanto nos gustan.



page | by Dr. Radut