Skip to Content

Certame Deseña unha xoia para a túa nai

Os alumnos e alumnas do noso colexio, participaron no certame "Deseña unha xoia para a túa nai" da man de Lucía, a súa mestra de Plástica.

O xurado da IV edición do concurso "Deseña unha xoia para a túa nai" escolleu o martes 9 de abril, os 80 debuxos finalistas do certame. Tivo que facer unha selección entre os 7.890 debuxos recibidos de toda Galicia para o concurso. Sabemos que traballaron varias horas e que a selección non lles resultou nada doada, porque os nenos e as nenas mandan propostas cada vez máis orixinais!

Darlle a noraboa a Laura Diego de 5º e a Gabriel Posa de 1º polos seus traballos, xa que son finalistas!!

As familias finalistas estades convidadas ao acto de entrega dos premios do IV Certame Deseña unha xoia para a túa nai, que terá lugar o martes 30 de abril, ás 19h, na Sala Mozart do Auditorio de Galicia (avda. do Burgo das Nacións, s/n., en Santiago de Compostela).

Premendo aquí podedes acceder ás imaxes dos 80 debuxos seleccionados.

 

 



page | by Dr. Radut