Skip to Content

Comezo de curso

Bo día familias,

comezamos un curso novo con forzas renovadas! Como ben sabedes seguimos convivindo coa pandemia, polo que este curso teremos que manter as medidas preventivas establecidas no protocolo COVID publicado pola Consellería o pasado 1 de setembro.

Non hai grandes cambios de organización con respecto ao curso pasado, polo que non consideramos oportuno citarvos en masa para unha reunión informativa xeral. O que si faremos será este vindeiro martes 14 reunións con todas as familias de Primaria de forma individual para contarvos as novidades e coñecer ás novas titoras.

A continuación repaso algunhas normas COVID, xa en funcionamento o curso pasado, para recordar estes primeiros días:

- Entradas e saídas polas mesmas portas:

Infantil, entrada principal (se algún peque ven acompañado co seu irmán/á poderán entrar xuntos).

1º, 2º e 3º de EP. Primeira porta lateral traseira.

4º, 5º e 6º de EP. Segunda porta lateral traseira.

O alumnado de Primaria que non use transporte escolar será entregado as súas familias na porta principal.

Por favor intentade non formar aglomeracións na porta de entrada.

- Máscara de reposto. Tódolos nenos/as deberán traer polo menos unha máscara de reposto na mochila. A maioría das veces fan o cambio despois do recreo ou de Educación Física.Selado

- Botella de auga. Deberá ter cada un a súa, etiquetada.

- Toallas, 1 por día (con nome para evitar perdelas).

- O uso de zapatillas/calzado cómodo será decidido polo titor/a do voso curso. Seredes informado delo nas reunións da vindeira semana ou a través dun tokapp do/a profe.

- Muda. É importante que teñan no centro unha muda, sobre todo en época de choiva pois ás veces aterrizan nos charcos.

 

Ata aquí os básicos dos primeiros días, o martes poderemos atender as dúbidas que podan xurdir, e se hai algunha cousa que teñades présa por comentarnos non dubidedes en chamarnos ou falar mañá con nós, coma sempre estaremos encantadas de atendervos Sorriso

 

Horarios reunións martes 14:

16.15 h --> reunión 2º, 3º e 4º de Educación Primaria.

17.00 h --> reunión de 1º, 5º e 6º de Educación Primaria.

 

Cada reunión desenvolverase na aula que lle corresponda.

 

 

*** Perdoade, equivoqueime nos horarios das reunións, agora están ben!!!

 

Un saúdo e feliz comezo de curso

Equipo directivo

 



page | by Dr. Radut