Skip to Content

TAREFAS DE RELIXIÓN DO 9 AO 19 DE XUÑO

AQUÍ ESTÁN AS ACTIVIDADEDS DE RELIXIÓN PARA A PRÓXIMA QUINCENA.

ÁNIMO NENAS E NENOS!!!

CLICADE NO ARQUIVO CORRESPONDENTE!!

UNHA APERTA VIRTUAL DA PROFE CHUS

 

PARA ENREDAR: XEADOS!

A refrescarse!!!

 

Facemos xeado sen conxelador.

 

Hoxe imos facer un experimento moi divertido, no que participa a ciencia e a cociña. E ao final comeremos un fresco xeado!

 

Materiais:        

- Bolsa de plástico.

- Bolsa pequena ( tipo Ziploc) ou tarrina pequena que peche ben.

- Sal.

- Pedras de xeo, para rodear a bolsa pequena ou tarrrina.

- Toalla ou pano de cociña.

 

- Ingredientes do noso xeado: leite, cacao, zumes, batidos…

 

Elaboración:

            - Preparas o xeado misturando  os ingredientes elexidos e poñemos na bolsa pequena ben pechada.

 

            - Na bolsa grande botas as pedras de xeo e o sal.

 

            - Metes o xeado dentro da bolsa con xeo e sal.

 

            - Axitas a bolsa durante uns dez minutos para que o xeado esté en contacto coa mistura de xeo e sal. Podes rodear a bolsa co pano para non conxelarte. Hai que axitar moito!!

 

 

            Esperamos que saia rico,rico…

PARA ENREDAR: TRANSFORMAMOS O RELOXO ANALÓXICO EN DIXITAL!

Esta actividade vai dirixida a aprendizaxe das horas no reloxo dixital, polo que a partires dun reloxo analóxico que teñamos na casa, por exemplo de cociña , podemos poñer unhas notas que servirán para aprender a ler as horas no reloxo dixital.

Tarefas de Relixión do 25 de maio ao 5 de xuño.

 
OLA MOZ@S!! As tarefas son para dúas sesións. Ver ficheiros adxuntos.
ÁNIMO E UNHA APERTA VIRTUAL!!

USO DE MÁSCARAS

Coa finalidade de difundir as novidades relacionadas coa nova normalidade vos deixamos este vído informativo

 

PARA ENREDAR: BALONCESTO MATEMÁTICO

Agora propoñemos unha actividade da páxina Actiludis, na que temos que encestar e ademais practicar matemáticas. Boa puntería e cálculo!

PARA ENREDAR: CUADERNILLO CONCENTRATE

Hai unhas lecturas moi interesantes!! Espero que vos guste!

PARA ENREDAR: DÍA DAS LETRAS GALEGAS

As nosas Letras! FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

Nesta semana adicada a celebración das Letras Galegas na que se homenaxea a

Ricardo Carballo Calero, queremos facer referencia a unha obra adicada aos máis

pequenos: “ As pitas baixo a choiva”.

Imos a esoitar este conto infantil neste video:

Despois de coñecer este conto. Que vos parece se facemos unha galiña?

Pois aquí deixamos un exemplo moi sinxelo para facer cos máis pequechos

15 DE MAIO DÍA INTERNACIONAL DAS FAMILIAS

Hoxe 15 de Maio é o DIA INTERNACIONAL DAS FAMILIAS.

¡Estamos de celebración!

Dende o CEIP A Sangriña queremos aproveitar esta ocasión para dar visibilidade ós distintos tipos de familia que existen.

Pertenzas ó modelo que pertenzas, podes conformar á nosa comunidade educativa.

Reinvindicamos dende este espazo a necesidade de que se aproben leis pola igualdade real de tódolos modelos de familia, mais alá do modelo normativo.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut