Skip to Content

O SAMÁIN XA ESTA AQUÍ!!

Esta chegando esta festa quer tanto nos gusta : O Samaín. Todos os anos disfrutamos moito pero este ano, ainda que doutro xeito, tamén a festexaremos.

Comezamos ca decoración da entrada do noso cole , mirade que chulo quedou:

E moitas mais manualidades que os nosos pequenos artistas están facendo para que o noso cole sexa un cole "monstruoso".

O EDLG ESTÁ DE VOLTA!

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP da Sangriña, un ano máis, volve cargado de enerxía e novidades.

Como ben sabedes, xa estamos no outono. Por iso queremos que gocedes do mesmo mediante a seguinte a canción “O Outono” de Uxía Lambona e a Banda Molona.

Por outra banda, queremos transmitirvos que debido á situación excepcional que atravesamos a conmemoración do Día das Letras Galegas 2019/2020 relativa a Ricardo Carballo Calero aprazouse ó mes de outubro de 2020.

Polo que na entrada nomeada “Semana das Letras Galegas” (11-05-2020) atoparedes varios recursos moi interesantes que permitirán coñecer mellor a vida e obra do mesmo.

Con agarimo.

O EDLG.

SAÍDA AO MONTIÑO DAS NENAS E NENOS DE 4 ANOS!!!

OS NENOS E AS NENAS DE 4 ANOS CELEBRARON A CHEGADA DO OUTONO CA SAÍDA AO MONTIÑO. XOGARON A TIRAR AS FOLLAS, XOGARON COS PAUS E DISFRUTARON DUN DÍA DIFERENTE EN CONTACTO CA NATUREZA E COS TODOS OS COMPAÑEIROS DE CLASE.

UNHA XORNADA ESPECIAL QUE QUEDA REFLEXADA NESTA RESPORTAXE:

 

 

PROTOCOLO COVID

Publicamos o protocolo a seguir para este inicio de curso

 

FIN DE CURSO

Chegamos ao final dun novo curso. Por este motivo queremos aproveitar esta oportunidade para agradecervos a vosa dedicación nestes momentos tan difíciles. Sabemos que o traballo dende a casa non é doado. Amosastedes unha  gran confianza e comprensión ante a dificultade da nosa tarefa, intentando facer medrar e vivir  felices os nosos  pequenos  e preparándoos para os retos e adversidades da vida adulta.

Actividades de despedida dos moz@s de 6ª de relixión!!!

Aquí vos deixo a última actividades deste curso para os meius moz@s de relixión de 6º que se van para o instituto!!!

 

un abrazo virtual da profe Chus.

PARA ENREDAR: MANUALIDADES

Celebramos o día dos océanos con manualidades refrescantes para todos!

Con pratos, pinzas e envases dos ovos.

 

Cun folio dobrado...

 

Con pedras e cunchas.                                      Nivel experto!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut