Skip to Content

VALES E FONDO DE LIBROS

 

Debido á Lei de Protección de datos non se poden publicar as listaxes de vales de material -de todo o alumnado e o fondo libros só de 1º e 2º de Primaria no curso 2021-2022- na web do centro, polo tanto todos os solicitantes poderán comprobar se se lles concedeu a axuda no taboleiro da entrada do colexio.

O fondo libros de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria no curso 2021-2022 entregarase en setembro.

Recordade que todo o alumnado de 4º e 6º de Primaria no curso 2021-2022 terá libros de Matemáticas, Lingua Castelá e Lingua Galega de forma gratuíta sexan ou non solicitantes de fondo libros xa que son cedidos polo centro.

Os beneficiarios poden acudir ao centro a recoller OS VALES os días martes 6 de xullo e mércores 7 de xullo en horario de 9:00 a 13:00

 

Un saúdo, 

 

O Equipo Directivo

DESPEDIDA DOS NOSOS NENOS E NENAS DE SEXTO

E xa para rematar temos que despedirnos dos nosos compañeiros e compañeiras de sexto, os maiores  do cole!! Desexámosvos moita sorte e que saibades que na Sangriña tedes sempre as portas abertas xa que todos e cada un de vos formades parte desta gran familia da que nos sentimos moi orgullosos!!!!

Moita sorte nesta nova etapa e aquí vos deixo as fotos do último día do cole no Camping Santa Tecla:

 

 

FESTIVAL FIN DE CURSO (INFANTIL)

Os nenos e as nenas de infantil preparaon ca profe Isa unhas preciosas coreografías para terminar este curso con alegría!! Mirade que ven o fixeron:

 

 

 

 

 

 

FESTIVAL FIN DE CURSO 2021

Fomos quen de ESCOITAR, COMPARTIR ,AXUDARNOS e lograr este traballo colaborativo para acadar un obxectivo común: achegarvos a nosa enerxía, dinamismo e talento.

BO VERÁN!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

PARABÉNS PROFE ROSA POR ESTE TRABALLO!!!!!

LIBROS DE TEXTO 2021-2022

 

SAÍDA FIN DE CURSO: 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

O alumnado de 1º de Educación Primaria acudiu ao Montiño coa finalidade de despedir o presente curso. Ademais de contribuír a que as nenas e nenos gozasen cos seus compañeiros/as dunha experiencia diferente e enriquecedora.

Por desgraza, as condicións meteorolóxicas provocaron que tivésemos que acortar a saída. Non obstante, desfrutamos moito da experiencia. Que día tan fermoso!!

 

A continuación poden visualizar un vídeo no que se recollen algunhas imaxes da mesma.

 

A RADIO DA SANGRIÑA!!

O noso Departamento de Orientación solicitou ao CFR unha radio para o cole para poder disfrutar deste medio duante uns días. Por agora tiveron a experiencia  de ser locutores na radio do cole durante unas horas o alumnado de 4º de primaria e de 5 anos. Pasárono xenial!! Seguramente outros cursos achegaranse pola radio nestes últimos dias de cole!!

 

Unha experiencia que non olvidarán!!

Gracias profe Sergio!!!

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA NOVOS ALUMNOS 2021-22

Formalización de matricula para o novo alumnado:

Dende o día 20 ata o 30 de xuño 2021 formalizarán a matricula os novos alumnos/as que se incorporen ao centro no curso 2021-2022.

Para mais información póñanse en contacto coa Secretaría no teléfono 886 110 081.

DEBATENDO APRENDO (3º TRIMESTRE)

Neste caso, a terceira edición de “Debatendo aprendo” está protagonizada polo alumnado de 2ºA de Educación Primaria que debateron sobre “O tempo de patio” e o alumnado de 1º de E.P. que discutiron sobre “O uso das cartas en papel”. Estes últimos empregaron este tema, xa que fai un días lles remitiron unhas cartas aos seus compañeiros/as de 4º de E.P. (tal como poden observar nesta mesma páxina web baixo o título “Correspondencia escolar”).

O proceso e resultado foi marabilloso. Que orgullosas estamos delas e deles!!

 Sen máis, a desfrutar deste fantástico traballo.

 

Con agarimo,

 

O EDLG.

PROXECTO DE 4 ANOS SOBRE O UNIVERSO

Ao longo deste terceiro trimestre as nenas e os nenos de 4 anos fixeron un proxecto sobre O Universo, xa que era o noso proxecto de centro. Todo comezou co visionado do videoclip de Mecano: Laika que fixo chorar a media clase e que serviu de punto de motivación e inicio do proxecto . Despois coñecemos a Ham e outros animais que viaxaron polo espacio; pero eles querían saber máis por iso decidimos que cada un dos nenos estudase e preparase un mural sobre un aspecto concreto do Universo que debería expor ao resto dos compañeiro; o fixeron fenomenal, traballaron moitísimo o viviron todo con moito entusiasmo e  por iso estou preparando unha excursión de fin de curso A Lúa!!

Debido a pandemia non podemos invitar as familias as aula para escoitar todo o que saben sobre o proxecto así que preparei unha presentación onde cada un deles explica o tema traballado na casa ca súa familia. O presentador fala moi baixiño, así que estade caladiños, por o volume ao máximo e disfrutade con eles e elas. (é longo, dura 10 minutos).

 

Distribuir contido


by Dr. Radut