Skip to Content

COMEZAN AS ACTIVIDADES DE "REVITALIZA"

O noso centro atópase inmerso en dous programas medioambientais: Voz Natura e Revitaliza (organizado pola Deputación de Pontevedra). Hoxe comezaron as nenas e os nenos de 4 anos ca primeira actividade do plan Revitaliza concretamente ca  actividades titulada "Os bichocos e a a compostaxe"; na que a través de contos, xogos, títeres e risas descubren o funcionamento do composteiro e a súa importancia para a nosa contorna mentres valoran e respectan o medio natural.

 

Pasaron unha xornada lúdica, didáctica e divertida que non esquecerán:

GRAZAS ROCÍO!!!

8M

Hoxe aproveitamos para compartir con vos o traballo dos rapaces e rapazas de 5 anos que co gallo do 8M  visibilizaron a traxectoria vital de distintas mulleres nos eidos da literatura, filosofía, deporte e ciencia.

Agardamos que vos guste!

VACANTES CURSO 2021-22

 

Vacantes Curso 2021/2022

Curso

Prazas

EDUCACIÓN INFANTIL

3 anos

25

4 anos

3

5 anos

4

EDUCACIÓN PRIMARIA

-

4

23

22

3

6

Salcidos (A Guarda), 1 de marzo de 2021

A HORTA DA SANGRIÑA

Esta vez tocoulles aos nenos de 1º, 2º e 3º de primaria; plantaron remolachas, cenouras, brócoli, leitugas... Abonaron, prantaron, regaron e pasaron unha xornada lúdica e moi didáctica na horta da Sangriña. Agora toca esperar, regar, quitar malas herbas, sachar... a ver se despois podemos ir a recoller!!!

Mirade o vídeo, o fixeron fenomenal!! 

 

OS NENOS DE 4 FAN EXPERIMENTOS

As nenos e os nenos de 4 anos para conmemorar o día da nena na ciencia, fixemos unhas xornadas de experimentos na que disfrutamos moito.

Aqui vos deixo a reportaxe; espero que vos guste:

 

 

AS NENAS E OS NENOS DE 4 ANOS NA HORTA

As nenas e os nenos de 4 anos xa comezaron a plantar na horta; o martes prantaron leitugas e o xoves cenouras. Aquí vos deixo a reportaxe das leitugas!! traballaron moitísimo e todos e todas poderedes acercarvos cos nenos e nenas a ver a horta a saída do cole, sen ningún problema!!

Espero que vos guste!!

 

 

 

PRAZO ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2021/2022

Do día 1 ata o 22 de marzo poderán solicitar praza aqueles alumnos/as de Educación Infantil e Primaria que desexen cursar estudios neste centro.

Só se pode presentar unha solicitude nun centro.

 

DOCUMENTACIÓN NECESARIA:

  • Modelo oficial que poden descargar nesta páxina ou impreso que se lle facilitará na secretaría do centro.
  • DNIs do alumno/a, pai e nai. Se o alumno/a non tivera DNI fotocopia da páxina onde figura no libro de familia.

A documentación presentarase na secretaría do centro nos seguintes horarios:

De luns a venres de 8:30 a 9:25 e de 11:00 a 11:45 horas

Os martes de 15:30 a 18:00 horas

 

Para calquera información chamar ao 886 110 081 nos horarios indicados.

Se desexan visitar o centro poden chamar para concertar unha cita.

ENTROIDO 2021

Aquí están as fotografías do entroido 2021 ; pasámolo xenial e disfrutamos moito ao longo de toda a semana. Na reportaxe saen as fotografías do último día na que tivemos que vir disfrazados do espacio:

 

Feliz San Valentín!

As nenas e nenos de 1º de Educación Primaria queren conmemorar o día de San Valentín recitando tres poemas do libro “O libro dos bicos” de Xosé Luna Sanmartín. Sen dúbida, efectuaron un traballo marabilloso.

 

Esperamos que lles guste!

 

ENTROIDO 2021

Estimadas familias,

Un ano mais xa está aquí o Carnaval!

Dende o CEIP A Sangriña a pesares da situación que estamos a vivir queremos celebrar de algunha maneira o Entroido, por ese motivo durante a semana que ven (8-12 de febreiro) todo o alumnado poderá vir disfrazado (agás complementos) segundo as instrucións do Meco.

Estas son as seguintes:

Luns: 3,2,1… Despegue!! Ooh que sono, a durmir!! O luns non te apures pois en pixama podes vir!!

Martes: Mecánica, deportista… Trae algo para adiviñar o que de maior te vas a adicar!!

Mércores: Súper heroína/ súper heroe, princesa/príncipe. Podes elixir no te queres converter.

Xoves: Pensa un segundo, e vente do que máis che guste do mundo!!

Venres: Ata o infinito e máis alá!! Deixa voar a imaxinación e do espazo ven como colofón.

Agardamos que as nenas e nenos poidan desfrutar dentro das posibilidades.

Moitas grazas pola vosa colaboración!!

Distribuir contido


by Dr. Radut