Skip to Content

15 DE MAIO DÍA INTERNACIONAL DAS FAMILIAS

Hoxe 15 de Maio é o DIA INTERNACIONAL DAS FAMILIAS.

¡Estamos de celebración!

Dende o CEIP A Sangriña queremos aproveitar esta ocasión para dar visibilidade ós distintos tipos de familia que existen.

Pertenzas ó modelo que pertenzas, podes conformar á nosa comunidade educativa.

Reinvindicamos dende este espazo a necesidade de que se aproben leis pola igualdade real de tódolos modelos de familia, mais alá do modelo normativo.

 

O NOSO PEQUENO AGASALLO!!

A Semana das Letras Galegas, culminará este domingo 17 de maio. Por iso, as mestras e mestres do CEIP A Sangriña preparamos con todo o noso cariño un pequeno agasallo para conmemorar o Día das Letras Galegas.

Esperamos que vos guste!

 

Unha aperta enorme.

O EDLG.

PARA ENREDAR: SEGUIR INSTRUCCIÓNS

Hoxe temos unha actividade para a que precisamos imprimir a ficha que deixamos abaixo. 

Con esta actividade imos traballar conceptos matemáticos básicos.Aínda que son frases curtas é preciso unha lectura comprensiva con atención, polo que hai que andar con ollo. Polo tanto atención, moita organización e reflexión sobre o que estamos a ler. Ánimo! 

PARA ENREDAR: VEXO, VEXO

Ola nenos/as

Hoxe propoñémosvos xogar a o veo veo. Seguro que todos sabedes como se xoga.

Collemos unha tarxeta e vamos dando pistas o restos dos participantes a través da retahíla:

➢ VEXO VEXO

➢ QUE VES??

➢ UNHA COUXIÑA

➢ QUE COUSIÑA É

➢ empeza por ..., é de cor.....

 

RESERVA DE PRAZA CONSERVATORIO DE A GUARDA

Bos días, dende o CEIP A Sangriña queremos informarvos: 

Nestes intres está aberta a reserva de praza para o curso 2020-2021 no CONSERVATORIO DE MÚSICA DE A GUARDA.

Si che gusta a música e estás interesado en aprender a tocar un instrumento, a estudar música, a coñecer a novos compañeiros non o dubides e fai xa a reserva!

Podedes facelo cubrindo un pequeno formulario na nosa páxina web

https://www.edu.xunta.gal/centros/cmuselementalaguarda/

Animádevos! Sempre é un bó momento para seguir aprendendo!

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Queridas mozas e mozos:

Dende o 11 ó 15 de maio de 2020 conmemorase a Semana das Letras Galegas.

PARA ENREDAR: CANTAMOS!

Canción “Aves enjauladas”

Hoxe imos a cantar rapazada.

Temos unha canción da artista Rozalén, que seguro a lembrades pola súa canción “ La puerta Violeta”, e segurísimo que os alumnos de 1º a lembran de marabilla! Verdade??

 

Neste caso trátase dunha homenaxe ás persoas máis necesitadas no noso país e a fraxilidade que supón vivir esta crise en condicións de exclusión.

O diñeiro recollido irá á rede de pisos de acollida en España para familias en risco de exclusión social que apoia a ONG Entreculturas.

INFORMACIÓN SAÍDAS

Aquí vos deixamos un resumo acerca das saídas, por si aínda quedan dúbidas,

PARA ENREDAR: XOGO EN FAMILIA

HOXE VOS PROPOÑEMOS UN XOGO FAMILIAR “ XOGO EN FAMILIA”

O xogo consiste en coller unha tarxeta e representar a imaxe que nela aparece.

O Obxectivo do xogo é que os adversarios adiviñen a palabra. Si a adiviñan gañan a tarxeta.

Se non a adiviña a tarxeta queda no equipo que a explicou.

Gaña o que máis tarxetas consiga.

A representación da imaxe da tarxeta pode facerse en 8 categorías diferentes ( cada carta especifica que

categoría temos que interpretar). Debese avisar os adversarios que categoría imos utilizar antes de

empezar a representar

 

1. MÍMICA

2. DEBUXO

3. SOLO 2 PALABRAS( debese explicar a palabra correspondente a imaxe utilizando só dúas

palabras coas que garde relación)

4. BUSCA OBXECTOS QUE AS SÚAS LETRAS FORMEN A PALABRA (nos referimos a

letra inicial dos obxectos. Por exemplo se a palabra a adiviñar é CASA podemos dicir

obxectos coma Cama-Arbore-Sapo-Avión)

5. 10 SEGUNDOS PARA EXPLICALO

6. ESCRIBE A PALABRA QUITANDO AS VOGAIS

7. TELÉFONO AVARIADO( tense que explicar a palabra falando entrecortado como cando

falamos polo móbil e nos quedamos sen cobertura ou pasamos por unha ponte)

8. EXPLÍCAO CANTANDO EN 5 SEGUNDOS

 

Distribuir contido


by Dr. Radut