Skip to Content

TODO VAI SAÍR BEN!!

AS NENAS E OS NENOS DE 4 ANOS FIXERON ESTES PRECIOSOS MURAIS PARA LEMBRARVOS QUE TODO VAI A SAÍR BEN E QUE, EN BREVE, ESTAREMOS TODOS E TODAS DE VOLTA NA ESCOLA!!

RECOMENDACIÓNS PARA O PERÍODO DE CONFINAMENTO

 

Queridas familias:

REFORZO DE RELIXIÓN PARA PRIMARIA

RAPACES E RAPAZAS, AQUÍ VOS MANDO UN ENLACE PARA QUE TRABALLAR DE MANEIRA AMENA A RELIXIÓN DENDE CASA. COLABORAR COA FAMILIA NAS TAREFAS, COIDÁDEVOS MOITO E EXTREMAR AS PRECAUCIÓNS CONTRA O CORONAVIRUS. UNHA APERTA VIRTUAL MOI FORTE.

AQUÍ VAI O ENLACE:

http://recursos.cnice.mec.es/bibliainfantil/

PARA ENREDAR: PUZZLES

Dende o Departamento de Orientación tamén pensamos en vos!

Lanzamos esta nova sección chamada "PARA ENREDAR" na que iremos actualizando contido lúdico.

Comezamos con algúns PUZZLES ONLINE!

Aulas galegas

Un grupo de mestres e mestras, ante a situación na que nos atopamos, crean a páxina AULAS GALEGAS na que nos  ofrecen recursos, materiais e outras actividades para que os mestres, os nenos e  as familias poidamos desfrutalos.

Os recursos están ordenados por nivel académico. Tamén teñen seccións para os maiores, para a lectura e para  enredos.

Clica na imaxe e descubre todo o que nos ofrecen!!!


Mil gracias equipo!

Que temos que saber do Coronavirus?

SABEMOS QUE É O CORONAVIRUS? QUE PODEMOS FACER PARA COMBATER AO VIRUS DENDE A NOSA CASA?
 
Queridos rapaces, como xa sabedes, estaremos un tempo sen vernos por un virus chamado Coronavirus. Pero sabemos en que consiste ese virus? Imos aprender un pouquiño sobre el.
 



Moi ben rapaces! No vídeo, fálase de tres regras que temos que cumprir todas e todos. A segunda é lavarse as mans. Pero ti sabes se o están facendo ben? Compróballo!!

 

Que ben! As mestras e mestres estamos segurísim@s que agora xa sabes como lavar as mans correctamente. Noraboa!
 
Que che parece se agora facemos un pequeno experimento? Só precisas, un recipiente (un prato por exemplo), auga, pementa negra e xabón.
 
Os pasos a seguir, son os seguintes:
 
1º Collemos o material necesario para desenvolver o experimento.
2º Vertemos auga no prato.
3º Botamos unha pouca de pementa negra no prato e mesturámola coa auga.
4º Introducimos un dedo e observamos que pasa.
5º Lavamos as mans con xabón, tal como aprendemos no vídeo anterior.
6º Volvemos a introducir un dedo con xabón dentro do prato.
 
Que sucedeu? Abraiado/a? 
 
Agora podes ver un vídeo dun neno facendo ese mesmo experimento. Comproba se el e o adulto que o acompaña chegaron a mesma conclusión que ti.
 



Como podes observar, dende a túa casa podes combater ao virus. Confiamos en ti!!
 
SÚMATE AO RETO " QUEDA NA CASA "
 
Pero, recorda non estamos de vacacións. Cada día fai a  tarefa que tes encomendada polos mestres e estuda.
 

Unha aperta virtual das mestres e mestres.

Conmemorando o día da muller

O luns 9 de marzo conmemoramos no cole o día de muller colocando pegadas polo cole de mulleres que son moi importantes para os nosos alumnos/as, todas esas pegadas camiñan cara a nosa porta violeta que se atopa no patio de primaria no que lle colocamos o noso lema:

"CAMIÑANDO DA MAN CARA A IGUALDADE"

E todos xuntos cantamos a canción de Rozalén " La puerta violeta".

A verdade e que foi unha actividade mli bonita e sobre todo que encheu o cole de mulleres fermosas: nais, avoas, tías, xogadoras de balonmán, etc.

Mirade algunhas delas:

SUSPENDIDAS AS CLASES POLO CORONAVIRUS DURANTE 14 DÍAS

DEBIDO AS MEDIDAS PREVENTIVAS ESPECIAIS ADOPATADAS POLA XUNTA DE GALICIA, QUEDAN SUSPENDIDAS TODAS AS ACTIVIDADES LECTIVAS PARA TODO O NOSO ALUMNADO DENDE O 16 DE MARZO E CUNHA DURACIÓN DE 14 DÍAS.

 

CHARLA DA GUARDIA CIVIL NO NOSO CENTRO

HOXE NO NOSO CENTRO OS PAIS E NAIS DOS NOSOS ALUMNOS PUIDERON ESCOITAR UNHA CHARLA IMPARTIDA POLA GUARDIA CIVIL SOBRE ACOSO ESCOLAR, O USO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS E A VIOLENCIA DE XÉNERO. TODOS OS ALÍ PRESENTES RECIBIMOS INFORMACIÓN MOI VALIOSA E NECESARIO NESTES TEMPOS.

PRAZAS VACANTES PARA O CURSO 2020/21

No arquivo adxunto estas as prazas dispoñibles para o vindeiro curso escolar.

Distribuir contido


by Dr. Radut