Skip to Content

RECOMENDACIÓNS PARA O PERÍODO DE CONFINAMENTO

Versión para imprimir

 

Queridas familias:

 Tendo en conta que iniciamos un  período excepcional de reclusión nas casas, como medida de contención para facer fronte o coronavirus; dende o DO do CEIP A Sangriña, queremos aportar algúns consellos prácticos e orientacións para facer que estes días na casa sexan o más levadeiros posible.

 

PAUTAS E RECOMENDACIÓNS:

 

A continuación os numeramos unha serie de recomendacións para levar cos vosos fillos, durante a duración de este período de confinamento.

  •  Elaborar un horario entre todos os membros da familia, establecendo unha rutina diaria.(Debemos decidir a que hora levantarse e deitarse e as actividades a facer durante o día), pero dunha maneira flexible.
  •  Manter o hábito de estudo e realizar as actividades escolares que nos envíen os titores, preferiblemente pola maña.
  •  Outorgarlle os nenos algunha tarefa doméstica como poñer a mesa, facer a súa cama, etc., xa que algunhas tarefas poden ser educativas e relaxantes. Ademais colaborando sentiranse útiles e afianzaremos a súa autonomía
  •  Diversificar o uso das pantallas,aplicando horarios e pautas que limiten as horas diante das mesmas
  •  Ler un pouco tódolos días
  •  Realizar manualidades
  •  Ter tempo para o xogo libre. Podemos pasar ratos en familia xogando a xogos de mesa ou deixar libremente que os nenos xoguen o que desexen
  •  Procurar na medida do posible que os nenos realicen algunha actividade física ( pórlle música para que bailen, xogos de movemento…)

 

TRANQUILIDADE EMOCIONAL

Nesta situación de medo ao descoñecido, aparece unha intranquilidade que podemos transmitir aos nosos/as fillos/as. Algunhas recomendacións que podemos ter en conta, serían:

  • Acoller as noticias de xeito sereno. Informando dos consellos que autoridades sanitarias non indican e levar a cabo os mesmos con tranquilidade.
  • Explicarlles o que está acontecendo de forma sinxela, que poidan entender, sen mentirlles. Ofrecendo a información que precisen saber, sen entrar en detalles e dramatismos.
  • Axudarlles a identificar as súas emocións, como o medo. Que o entendemos e en ocasións é normal sentirse así.
  • Estar abertos ante as dúbidas e preguntas.
  • Reforzar os hábitos de hixiene. Como medidas,retos.. para superar a situación.
  • Facerlles saber que existen moitas noticias falsas e telo en conta
  • Establecer regras consensuadas ( case sempre) para usar a tecnoloxía ao seu alcance.
  • Por último aproveitar este tempo en familia e evitar tensións. Esta situación anómala pode crear momentos de tensión, que debemos tentar xestionar
  • Os nosos/as nenos/as necesitan saber que na súa familia hai unhas normas e unhas consecuencias cando non se cumpren.

 

 

 

 

 

 

 

Polo tanto, intentemos conseguir a máxima tranquilidade mental, tanto nos adultos como nos nosos fillos/as.

 



page | by Dr. Radut