XORNADA DE XOGOS TRADICIONAIS – FIN DA FASE I: INDAGACIÓN
A primeira fase do proxecto “Xornada de xogos tradicionais” chegou ao seu fin. E con este comeza a segunda fase que consistirá en recrear o xogo tradicional escollido por cada clase, mediante materiais de reciclaxe.
Posto que dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega temos moi presentes as recomendacións efectuadas polo Equipo da Biblioteca do noso cole a través da PDI “Salvemos o planeta”.
Sen máis, aquí podedes observar as imaxes dos resultados da primeira fase de cada curso do noso cole…ESTADES PREPARADAS E PREPARADOS PARA QUEDAR ABRAIADAS E ABRAIADOS?
Finalmente, dende o EDLG queremos agradecer ao alumnado e aos titores/as do noso cole o seu gran esforzo e colaboración. Se o proceso foi incríbel o resultado non se queda atrás!! ESPECTACULAR!
Os alumnos/as que desexen solicitar praza para o vindeiro curso 2020/2021 deberán facelo dende o 1 ata o 20 de marzo.
Presentarán unha solicitude que se lles facilita no centro, xunto coas fotocopias dos DNIs do pai, nai e alumno/a. No caso de que o alumno/a non teña DNI, fotocopia do libro de familia da súa páxina.
HORARIO DE SECRETARÍA
De luns a venres: de 8:35 a 9:25 e de 11:00 a 11:30
Os martes de 15:30 a 17:30
Se non puidesen vir nestes horarios póñanse en contacto co centro no teléfono 886 110 081
Os alumnos de Educación Infantil 3,4,5 (anos) e 1º, 2º, 3º, 4º e 5º de Educación Primaria, mediante o impreso que se lles remitiu, farán a actualización de datos e reserva de praza neste centro, para o curso 2020/2021. Prazo do 1 ao 17 de febreiro.
Se algún alumno non quere continuar no Ceip A Sangriña terá que solicitar praza non centro que desexe dende o 1 ata o 20 de marzo.
Os alumnos de 6º de Educación Primaria, mediante o impreso que se lles remitiu, farán a reserva de praza para o (Instituto de Ensinanza Secundaria) IES A Sangriña para o curso 2020/2021.Prazo do 1 ao 17 de febreiro.
Documentación:
Impreso cuberto eDNIs do pai, nai e alumno/a. No caso de que o alumno/a non teña DNI, fotocopia do libro de familia da súa páxina.
Se algún alumno/a non quere ir para o IES A Sangriña terá que solicitar praza non centro que desexe dende o 1 ata o 20 de marzo.
OS NENOS E AS NENAS DE PRIMEIRO DE PRIMARIA RECIBIRÓN ESTA MAÑÁ A VISITA DOS BIÓLOGOS DE ECOPLANIN QUE TRABALLAN PARA A CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA, CO FIN DE CONMEMORAR O DÍA DOS HUMEDAIS QUE SE CELEBRA O PRÓXIMO 2 DE FEBREIRO.
ESTABA ORGANIZADA UNHA SAÍDA AO ESTEIRO PERO DEBIDO A CHUVIA OS ESPECIALISTAS VIÑERON AO CENTRO E EXPLICÁRONLLE AOS NENOS DIVERSAS CURIOSIDADDES SOBRE OS ANFIBIOS, AVES E INSECTOS QUE HABITAN NO BAIXO MIÑO, ASÍ COMO A DISTINGUIR PLUMAS, CANTOS OU CARACTERÍSTICAS PECULIARES DE CADA ESPECIA.
O MARTES 21 DE XANEIRO OS NENOS DE 4 ANOS SEGUIMOS COÑECENDO OS TRABALLOS DOS PAPÁS E DAS MAMÁS DA NOSA CLASE. NESTE CASO VISITAMOS O CENTRO DE MASAXES FAJAR, XA QUE ALÍ TRABALLO O PAPI DE IRENE E FACÍALLE MOITÍSIMA ILUSIÓN ENSINARLLO AOS SEUS COMPAÑEIROS.
AQUÍ VOS DEIXO UN VÍDEO CAS FOTOS, ESPERO QUE VOS GUSTE!!!
A nosa horta está chea de vida! Por iso, durante esta semana plantáronse diferentes produtos típicos da época do ano na que nos atopamos: brócoli, amorodos, coliflor, repolos, allos, cebolas…Esta actividade permitiunos aprender moitos nomes de hortalizas, verduras…
Proximamente, cultivaranse patacas na metade da horta restante.
A continuación poden observar ao alumnado de 2ºB de Educación Primaria nomeando os produtos sementados:
XORNADA DE XOGOS TRADICIONAIS - FASE 1: INDAGACIÓN
O alumnado do CEIP A Sangriña continúa traballando na primeira fase do proxecto “Xornada de Xogos Tradicionais”. A continuación poden visualizar diferentes imaxes (dalgúns cursos do noso cole) do proceso creativo que lles permitiu reflexar os datos da indagación previa.
ACHÉGASE O DÍA DA PAZ E INICIAMOS OS PREPARATIVOS PARA CELEBRAR ESTA DATA SABENDO QUE, PARA LOGRAR UN MUNDO MELLOR, ESTE TRABALLO, PENSAMENTO E BOA ACTITUDE NOS DEBE ACOMPAÑAR OS 365 DÍAS DO ANO.
E COMO PAZ E AMOR SON MOITO MÁIS CA PALABRAS E, POR SUPOSTO, ESTÁN MOI RELACIONADAS, AQUÍ VOS DEIXAMOS ESTA FERMOSÍSIMA CANCIÓN DE "O SONORO MAXÍN" QUE NO CEIP ESCULTOR ACUÑA ADAPTARON A LINGUA DE SIGNOS.
UN MARABILLOSO TRABALLO QUE NOS DEIXOU COA BOCA ABERTA...