Skip to Content

SEMENTAMOS PATACAS NA HORTA

A HORTA DA SANGRIÑA ESTÁ CHEA DE COUSAS: CEBOLAS, ALLOS, BRÓCOLI, BERZAS, AMORODOS  E AGORA... PATACAS!!! 

CO NOSO PROPIO ABONO DO  COMPOSTEIRO PREPARAMOS A HORTA E CA AXUDA DOS NENAS E NENAS PRANTAMOS UNHA MOREA DE PATACAS QUE TROUXO O PROFE SERGIO DENDE ALLARIZ; A VER SE AO FINAL DE CURSO PODEMOS DEGUSTAR UNHA TORTILLA DE PATACAS CON PRODUCTOS DA NOSA HORTA. 

NESTA ACTIVIDADE PARTICIPARON NENOS DE 3 ANOS, 4 ANOS, 1º PRIMARIA , 3º E 4º. PERO TODOS SEGUEN DÍA A DÍA O QUE ACONTECE MNA NOSA GRAN HORTA!! NON DEIXEDES DE MIRAR O VÍDEO!!

 

 

AS ÓRDENES DO MECO 2020

NA SANGRIÑA O CARNAVAL DISFRÚTASE AO MÁXIMO DURANTE TOOODA A SEMANA. XA QUE TÓDOLOS DÍAS DISFRAZÁMONOS SEGUINDO AS ÓRDENES DO NOSO MECO "MANOLO"; É MOI DIVERTIDO E DISFRUTAMOS MOITÍSIMO!!! AQUI ESTÁN AS FOTOS!!

 

 

 

 

ENTROIDO 2020

COMO TÓDOLOS ANOS PARA CELEBRAR O ENTROIDO FIXEMOS O NOSO TRADICIONAL DESFILE NO PATIO DO COLEXIO. A TEMÁTICA DESTE ANO FOI O MAR; AQUÍ ESTÁN OS NOSOS NENOS E NENAS:

3 ANOS: PEIXES

4 ANOS: PIRATAS

5 ANOS: PEIXES

1º PRIMARIA: MEDUSAS

2º PRIMARIA: POLBOS E MERGULLADORES

 

3º PRIMARIA: ESTRELAS DE MAR

4º PRIMARIA: BAÑISTAS

5º PRIMARIA: LIXO

 

6º PRIMARIA: PESCADORES

Fomos ao cine!!!

O martes, convidados polo Concello, os alumnos de E. Infantil, 1º e 2º de primaria fomos ao Centro Cultural para ver a película : Piratas.

Saímos do cole moi ledos e ilusinados.
Os pequerechos foron  acompañados polos maiores que se sentían responsables deles.

 

 


Xa dentro, sentados e impacientes, desaxando que comezara !!!

 

XA CHEGA O CARNAVAL!

 

Queridas familias:

 Durante a semana do 17 ao 21 de febreiro celebraremos o  Entroido no centro, as actividades comezarán o venres 14 coa colocación do noso Meco e a primeira copla de Entroido.

 As ordes serán as seguintes:

 LUNS 17: Deportes

 “Se en forma queres estar

 Algún deporte deberás practicar”.

 

MARTES 18: Profesións

 “Mestr@? Perruqueir@? Futbolista?

 Trae algo para adiviñar

 ao que de maior te vas dedicar!”

 

MERCORES 19: Superheroes e superheroínas.

 “Se deste día queres desfrutar

 en superheroe ou superheroína te deberás transformar”

  

XOVES 20: Día libre.

 “O xoves escolles ti!!!

 Do que che apeteza poderás vir!”

 VENRES 21: O mar.

 “Chegou o día grande!

 Hoxe todos imos desfilar,

 converteremos a Sangriña no fondo do mar!”

1º PESADA DE PILAS (PILABOT)

O LUNS VIRÁN AO COLE A TRAER BIDÓNS PARA A RECOLLIDA DE PILAS E AO MESMO TEMPO LEVARÁN AS QUE XA TEMOS; POR ISO, FIXEMOS A PRIMEIRA RECOLLIDA E PESADA DE PILAS POR AULA! E A VERDADE E QUE TEMOS MOOITAS PILAS, APROXIMADAMENTE UNS 800 KILOS. NORABOA A TODAS E TODOS!!!

 

AQUI ESTAN OS RESULTADOS E  NON VOS DESANIMEDES!! XA QUE O CONCURSO SEGUE ABERTO ATA FINAIS DE MARZO. AHÍ VOLVEREMOS A FACER O RECONTO FINAL!!! HABERÁ PREMIO PARA A CLASE QUE MÁIS PILAS TRAIA!!

CHARLAS E CONTACONTOS POLA PAZ

ESTE ANO CONMEMORAMOS O DÍA PAZ CON CHARLAS E CONTACONTOS QUE TIÑAN COMO TEMÁTIVA O RESPETO A DIVERSIDADE DE XÉNERO TENTANDO ERRADICAR E CONCIENCIAR AOS NENOS E NENAS SOBRE OS ESTEREOTIPOS DE XÉNERO.

FOI IMPORTIDO POR SARA URIS E OS NENOS E NENAS DISFRUTARON MOITO CON ESTA ACTIVIDADE.

XORNADA DE XOGOS TRADICIONAIS – FIN DA FASE I: INDAGACIÓN

XORNADA DE XOGOS TRADICIONAIS – FIN DA FASE I: INDAGACIÓN

A primeira fase do proxecto “Xornada de xogos tradicionais” chegou ao seu fin. E con este comeza a segunda fase que consistirá en recrear o xogo tradicional escollido por cada clase, mediante materiais de reciclaxe.

Posto que dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega temos moi presentes as recomendacións efectuadas polo Equipo da Biblioteca do noso cole a través da PDI “Salvemos o planeta”.

Sen máis, aquí podedes observar as imaxes dos resultados da primeira fase de cada curso do noso cole…ESTADES PREPARADAS E PREPARADOS PARA QUEDAR ABRAIADAS E ABRAIADOS?

 

Finalmente, dende o EDLG queremos agradecer ao alumnado e aos titores/as do noso cole o seu gran esforzo e colaboración. Se o proceso foi incríbel o resultado non se queda atrás!! ESPECTACULAR!

 

Con agarimo,

O EDLG.

ADMISIÓN NOVOS ALUMNOS/AS CURSO 2020/2021

 

ADMISIÓN NOVOS ALUMNOS/AS CURSO 2020/2021

Os alumnos/as que desexen solicitar praza para o vindeiro curso 2020/2021 deberán facelo dende o 1 ata o 20 de marzo.

Presentarán unha solicitude que se lles facilita no centro, xunto coas fotocopias dos DNIs do pai, nai e alumno/a. No caso de que o alumno/a non teña DNI, fotocopia do libro de familia da súa páxina.

 

HORARIO DE SECRETARÍA

De luns  a venres: de 8:35 a 9:25  e de 11:00 a 11:30

Os martes de 15:30 a 17:30

Se non  puidesen vir nestes horarios póñanse en contacto co centro no teléfono 886 110 081

 

RESERVA DE PRAZA CURSO 2020/2021

RESERVA DE PRAZA CURSO 2020/2021

 

Os alumnos de Educación Infantil 3,4,5 (anos) e 1º, 2º, 3º, 4º e 5º de Educación Primaria, mediante o impreso que se lles remitiu, farán a actualización de datos e reserva de praza neste centro, para o curso 2020/2021. Prazo do 1 ao 17 de febreiro.

Se algún alumno non quere continuar no Ceip A Sangriña terá que solicitar praza non centro que desexe dende o 1 ata o 20 de marzo.

 

Os alumnos de 6º de Educación Primaria, mediante o impreso que se lles remitiu, farán a reserva de praza para o (Instituto de Ensinanza Secundaria) IES A Sangriña para o curso 2020/2021.Prazo do 1 ao 17 de febreiro.

Documentación:

Impreso cuberto eDNIs do pai, nai e alumno/a. No caso de que o alumno/a non teña DNI, fotocopia do libro de familia da súa páxina.

Se algún alumno/a non quere ir para o IES A Sangriña terá que solicitar praza non centro que desexe dende o 1 ata o 20 de marzo.

Distribuir contido


by Dr. Radut