Skip to Content

PARA ENREDAR: TRANSFORMAMOS O RELOXO ANALÓXICO EN DIXITAL!

Versión para imprimir

Esta actividade vai dirixida a aprendizaxe das horas no reloxo dixital, polo que a partires dun reloxo analóxico que teñamos na casa, por exemplo de cociña , podemos poñer unhas notas que servirán para aprender a ler as horas no reloxo dixital. Coa axuda da páxina Actiludis, deixamos dúas fichas con frechas para indicar as horas, na primeira aparece en punto, e media, menos cuarto e en cuarto. Na segunda folla temos as frechas para cada un dos minutos de cinco en cinco. Pero tamén podedes facelas frechas ao voso xeito.

 

 

 

 



page | by Dr. Radut