Skip to Content

BENVIDOS Á WEB DO CEIP A SANGRIÑA       

PARA ENREDAR: XEADOS!

Versión para imprimir

A refrescarse!!!

 

Facemos xeado sen conxelador.

 

Hoxe imos facer un experimento moi divertido, no que participa a ciencia e a cociña. E ao final comeremos un fresco xeado!

 

Materiais:        

- Bolsa de plástico.

- Bolsa pequena ( tipo Ziploc) ou tarrina pequena que peche ben.

- Sal.

- Pedras de xeo, para rodear a bolsa pequena ou tarrrina.

- Toalla ou pano de cociña.

 

- Ingredientes do noso xeado: leite, cacao, zumes, batidos…

 

Elaboración:

            - Preparas o xeado misturando  os ingredientes elexidos e poñemos na bolsa pequena ben pechada.

 

            - Na bolsa grande botas as pedras de xeo e o sal.

 

            - Metes o xeado dentro da bolsa con xeo e sal.

 

            - Axitas a bolsa durante uns dez minutos para que o xeado esté en contacto coa mistura de xeo e sal. Podes rodear a bolsa co pano para non conxelarte. Hai que axitar moito!!

 

 

            Esperamos que saia rico,rico…



page | by Dr. Radut