OURENCANTO 2024

O coro do cole participou este fin de semana na sexta edición de Ourencanto.

Nesta edición encontraronse o día 5 de abril no Conservatoiro Profesional de Música e os días 6 e 7 no Auditorio Municipal de Ourense.

Esta edición culminou cun espectacular concerto no Auditorio Municipal baixo a dirección artística do recoñecido director e compositor Josu Elberdin.

Os/as nosos/as neno/as fixeronno moi ben, e queremos felicitalos tanto a eles como a profe Emma (e a profe Nieves por acompañalos/as neste fin de semana) polo traballo e esforzo destes meses.

Felicidades!!

Podedes ver a seguinte noticia de prensa do Ourencato: Escolares da provincia disfrutan cantando

Hoxe asistiron o alumnado de 3º e 4º de EP  ó Auditoria para ver a actuación dos seus compañeiros e compañeiras do coro de A Ponte e de outros coros. Mirade este pequeno vídeo dunha das actuacións.

 

 Tamén podedes ver outra canción picando neste enlace: "Nubeiro, lisca e déixanos en paz"