25 de Novembro: Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Maña celébrase o  Día contra a Violencia de Xénero,  e no cole non deixamos pasar a oportunidade para traballar cos noso alumnado dende infantil ata os mais maiores: a igualdade, o bo trato, o respeto e a empatía.

Este mural fixéronno o alumnado de 6ºde EP, que analizaron as letras das cancións que falan de mulleres e dividiron o taboleiro en duas partes: o que Si esta ben dito e o que NON se debe dicir ou non é adecuado (Picade na imaxe)

En tódalas aulas se organizaron actividades  para sensibilizar as nenas e os nenos na igualdade o respecto e a non violencia.

Como remate a esas actividades organizouse un taller de chapas na biblioteca. Cada neno fixo a súa chapa que levou hoxe ou levará o luns.