FESTA DE MAGOSTO
Enviado por gladys.enriquez o Ven, 20/10/2023 - 15:24Comprácenos invitarvos á festa de Magosto do colexio, que terá lugar o vindeiro venres 27 de outubro. No cartel podedes ver a planificación do día, que compartiremos cos nenos/as e familias do Punto de Atención á Infancia.
Esperámosvos!
Podedes descargar o cartel no documento adxunto nesta publicación.
MURAS E OS MIL MUNDOS: PRIMEIRA VIAXE
Enviado por gladys.enriquez o Ven, 20/10/2023 - 12:52A NOSA PRIMEIRA VIAXE
O proxecto Muras e os Mil Mundos arrancou na nosa contorna. Para viaxar e coñecer outros lugares, é necesario atender ao que nos rodea co fin de valorar os nosos tesouros.
Despois de ter enviada a carta ao alcalde do concello, solicitando información, chegounos unha caixa do máis especial. Nela atopamos folletos, libros, carteis…ademais dun agasallo!
Con esta información, preparamos a nosa propia exposición. Está aberta para todos os que desexedes vela!
Cal será o próximo destino?
Clicade na seguinte imaxe para acceder ao vídeo resumo do traballo:
OBRADOIRO DE IGUALDADE
Enviado por gladys.enriquez o Mér, 18/10/2023 - 17:32Nesta semana recibimos a visita de Sara para continuar co programa de igualdade, organizado por COEDUCA.
Nestas sesións aprendimos e reflexionamos, a través do xogo, o debate e o baile.
Algúns dos temas tratados foron:
- O uso dos videoxogos e das redes sociais.
- Análise e crítica das letras das cancións.
Encantounos! Agardamos repetir o vindeiro ano.
Podedes ver o vídeo resumo clicando na imaxe:
VISITA A TROPIC GAIA
Enviado por gladys.enriquez o Lun, 16/10/2023 - 19:00Comezamos a semana por todo o alto visitando un recanto de Morás, en Xove. Máis concretamente, adentrámonos no pequeno mundo de Tropic Gaia para coñecer o traballo de Andrea González Río, unha moza mariña que decidiu cultivar a súa propia froita para a elaboración de riquísimas marmeladas con receita tradicional: kiwis, amorodos e physalis, froita tropical que tamén cultiva na Mariña de Lugo. Todo é da súa horta, e sen produtos que poidan alterar a súa calidade!
Nesta saída indagamos nas técnicas e nas diversas maneiras de cultivar froita tropical, ademais de participar na recolleita e degustación destas. Estaban boísimas!
Agradecemos a acollida e a experiencia que ofreceu Andrea aos nosos nenos e nenas. E por suposto, agradecer á ANPA a oportunidade que nos brindou organizando esta actividade; grazas por acompañarnos e por vivenciar a ilusión que desprenden estas aventuras.
Estamos desexando coñecer novos recantos! Podedes ver a memoria fotográfica do día clicando na seguinte imaxe:
OBRADOIRO DE IGUALDADE
Enviado por gladys.enriquez o Mér, 11/10/2023 - 18:26Malia ser unha semana curtiña, marchamos coa mochila cargada de experiencias.
De antemán, agradecer á ANPA a oportunidade que deron ao noso alumnado de experimentar a gravación dun programa de radio.
Esta primeira formación veu da man de COEDUC@, e máis concretamente de Pilar. Os nenos e as nenas falaron da importancia da perspectiva de xénero, empregando a radio como mecanismo de difusión.
A vindeira semana recibiremos a segunda sesión, centrada no baile.
Que non deixen de chegar estas oportunidades únicas!
Podedes ver as imaxes desta xornada clicando na seguinte fotografía:
CIENCIA Á FEIRA
Enviado por gladys.enriquez o Lun, 09/10/2023 - 18:06Comezamos a semana cunha visita do máis especial. Tivemos a sorte de ser un dos concellos visitados por "CIENCIA Á FEIRA" da man do grupo de innovación docente XuvenCiencia.
Tal e como se describe na páxina oficial da USC, ‘Ciencia á Feira’ é un proxecto interxeracional e comunitario de divulgación informal da ciencia que tira proveito de estruturas fortemente asentadas no medio rural: a escola, os concellos, as asociacións e os colectivos veciñais e, por suposto, as feiras.
Este programa presentaralle ao noso alumnado tres eixes temáticos considerados relevantes na provincia de Lugo no contexto actual:
- as enfermidades transmitidas por carrachas,
- a xestión sustentable da augua e as micorrizas,
- e microenxertos como ferramentas de produción vexetal.
Compartimos con vós a memoria do primeiro día de aprendizaxe. Podedes acceder clicando na seguinte imaxe.
ORGANIZACIÓN DE OUTUBRO
Enviado por gladys.enriquez o Dom, 01/10/2023 - 19:41Compartimos a organización das actividades deste mes de outubro.
Espéranos un mes cargado de novas experiencias, saídas e novos aprendizaxes!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »