slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3

PRÓXIMAS ACTIVIDADES

 

DÍA DA INFANCIA E DA NON VIOLENCIA DE XÉNERO

Nesta semana conmemoramos dúas datas de relevancia do noso calendario escolar: o día da infancia e da non violencia de xénero. Algunha das dinámicas desenvoltas foron:

  • Visualización de documentais educativos.
  • Elaboración de murais e carteis reivindicativos.
  • Xogos e lecturas multinivel.
  • Canto da canción "Chea de vida" de Guadi Galego aos nenos e nenas do PAI.

Clicando na seguinte imaxe podedes acceder ao arquivo multimedia das conmemoracións.

CONMEMORACIÓN 25N

SEMANA DA CIENCIA

Iniciamos as actividades para conmemorar o mes da ciencia con experimentos, investigacións e traballos sobre as mulleres científicas. Podedes acceder ao arquivo multimedia clicando na seguinte imaxe:

OS ANIVERSARIOS DE BERA E PABLO

Os pasados 4 de outubro e 10 de novembro celebramos os aniversarios de Pablo e Bera. Deleitámonos coas merendas que nos fixeron e recibiron unha agradable sorpresa de todos os seus compañeiros/as: un cadro selado polas súas mans.

 

 

 

 

No seguinte enlace podedes acceder ao arquivo coas imaxes dos diferentes aniversarios: https://drive.google.com/drive/folders/1wJNtUrVBl6vmwYqdfE5C7lDduq_bxzk6?usp=sharing

A VOLTA DAS MOCHILAS VIAXEIRAS

Estimado alumnado e familias,

As nosas mochilas viaxeiras volven a sair cargadas de novas andanzas, na busca da maxia e do fomento da lectura. Esta mochila arrancará a súa viaxe os venres pola tarde e deberán voltar á escola o seguinte venres pola mañá, desfrutando dela unha semana.

Chegarán aos vosos fogares cargadas de mundos e aprendizaxes que descubrir. Desta maneira, atoparedes:

  • Lecturas en galego, en castelán e en inglés para a infancia.
  • 1 comic ou lectura animada.
  • Unha película en DVD.
  • Un CD de música.
  • A mascota viaxeira coa que explorar as lecturas.
  • Un caderno de viaxe no que escribir ou debuxar a experiencia coa mochila.

É moi importante coidar o material da nosa mochila, xa que será un símbolo de respecto e permitirá que todos e todas poidades recibila en perfecto estado.

Agardamos que esta experiencia volva resultar do voso agrado.

Un especial saúdo dende o corazón da biblioteca.

 

 

O SAMAÍN CHEGOU AO COLEXIO!

O misterio, o medo e a maxia conquistaron cada recanto do noso cole. Onte celebramos unha xornada que quedará para o recordo:

  • Coñecimos a orixe e a historia da festa de Samaín.
  • Participamos no concurso de cabazas, expostas na entrada do centro e protexidas polo esqueleto Pepe.

  • Elaboramos unha merenda de medo creando arañas de galleta, cabazas de mandarinas, pantasmas plataneiros… Ademais de deleitar uns postres elaborados por dúas alumnas.
  • Recibimos á mamá de Pablo para escoitar o conto ‘unha estraña visita’. Agradecerlle de novo a súa participación, encantounos!

  • Debuxamos e pintamos ilustracións.
  • Vimos a película ‘Coco’ para coñecer a festa do día dos mortos.


Quedamos con ganas de seguir enchendo a mochila de máis aprendizaxes, días memorables e miles de experiencias.

 

 

No seguinte enlace poderedes acceder ao VÍDEO RESUMO DA XORNADA, xunto ás imaxes para descargar.

 

https://drive.google.com/drive/folders/1-wCgI3CZ2QJfPOCoRaxbwPAAZhiTt6RA?usp=drive_link

BENVIDO NOVEMBRO

Menú de novembro

Podedes descargar o menú no documento adxunto nesta publicación.

MAGOSTO 2023

Que día tan máxico queda no noso recordo. Hoxe desfrutamos dunha xornada familiar, única e moi enxebre.

Agradecervos a participación, o tempo dedicado para deleitarnos coas doces e por tanta familiaridade.
Grazas a todos os que nos visitastes, aos nenos e nenas do PAI e por suposto, á ANPA. A vosa colaboración permitiunos desfrutar dun delicioso chocolate e da maxia de ver asadas as castañas da maneira máis tradicional.

Esta é a primeira das moitas xuntanzas que agardamos ter.

Seguimos a crear e a inmortalizar recordos!

Podedes acceder ao vídeo clicando na seguinte imaxe: 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer