slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3

INAUGURAMOS A SEMANA DO LIBRO

Hoxe os nosos nenos e nenas comezaron a Semana do Libro por todo o alto. Recibiron unha mensaxe dos títeres da Terra Chá propoñéndolles un reto literario.

Queredes coñecer a estas personaxes e a tarefa que teñen pendente os tratamundos?  

Botade unha ollada!

 

 

A IGUALDADE NA LITERATURA

O vindeiro mércores, 24 de abril, terá lugar o Obradoiro de Igualdade organizado polo noso concello. Esta actividade, enmarcada na semana do libro, terá como obxectivo abordar a importancia da literatura para transmitir valores de respecto, diversidade e igualdade.

Agradecemos ao concello a oportunidade de brindar aos nosos nenos e nenas dinámicas de aprendizaxe transversal e significativo. Esperamos con moita ilusión este día!

CALENDARIOS DO 3º TRIMESTRE

 

CHEGA A SEMANA DO LIBRO AO COLE!

 

O ANIVERSARIO DE VALERIA

Empezamos o trimestre celebrando o aniversario de Valeria, felices 5 aniños!

 

ORGANIZACIÓN DO 3º TRIMESTRE

 

AVALIACIÓN DIAGNÓSTICA 4º EDUCACIÓN PRIMARIA

En cumprimento da nova lei educativa estatal, este curso está previsto en todas as comunidades autónomas a realización das probas da avaliación de diagnóstico para o alumnado de 4.º curso de educación primaria e 2.º curso de educación secundaria obrigatoria. No caso de Galicia, terán lugar os próximos días 10 e 11 de abril.

Na seguinte presentación poderedes atopar toda a información.

 

 

MENÚS DO 3º TRIMESTRE

VISITA AO CASTELO DE SAN PAIO DE NARLA

O pasado xoves, 14 de marzo, puxemos rumbo a Friol para coñecer o castelo de San Paio de Narla. Podedes coñecer a nosa aventura vendo o seguinte vídeo e acceder ao arquivo multimedia clicando aquí.

Aproveitamos para agradecer o apoio da ANPA nesta actividade, na que estreamos as nosas gorras! 

Cal será o seguinte destino?

 

O ANIVERSARIO DE XOEL

A nosa pequena familia celebrou o cumple de Xoel, dándolle a benvida aos seus 4 aniños. 

Para ver as fotos deste día, clicade aquí.

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer