A VOLTA DAS MOCHILAS VIAXEIRAS

Estimado alumnado e familias,

As nosas mochilas viaxeiras volven a sair cargadas de novas andanzas, na busca da maxia e do fomento da lectura. Esta mochila arrancará a súa viaxe os venres pola tarde e deberán voltar á escola o seguinte venres pola mañá, desfrutando dela unha semana.

Chegarán aos vosos fogares cargadas de mundos e aprendizaxes que descubrir. Desta maneira, atoparedes:

  • Lecturas en galego, en castelán e en inglés para a infancia.
  • 1 comic ou lectura animada.
  • Unha película en DVD.
  • Un CD de música.
  • A mascota viaxeira coa que explorar as lecturas.
  • Un caderno de viaxe no que escribir ou debuxar a experiencia coa mochila.

É moi importante coidar o material da nosa mochila, xa que será un símbolo de respecto e permitirá que todos e todas poidades recibila en perfecto estado.

Agardamos que esta experiencia volva resultar do voso agrado.

Un especial saúdo dende o corazón da biblioteca.

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer