Skip to Content

Blog

ECOHORTAS - Departamento de Pedagoxía Terapéutica

 

O noso centro, participa dende o curso escolar 2022-23, na rede "EcoHortas Escolares" , un espazo de intercambio de coñecementos e experiencias no que puxemos en marcha una horta ecolóxica nas nosas instalacións.

A integración na Rede implica actividades de horta e actividades de aula en temáticas directamente relacionadas.

Contamos coa colaboración de Amigos da Terra, entidade que nos ofrece o seu apoio técnico, recursos educativos e formacións específicas sobre agroecoloxía escolar e/ou ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible).

Cales son os  nosos obxectivos con este programa? 

  • Empregar a  nosa eco-horta como contexto de aprendizaxe e inclusión de alumnado TEA.
  • Posibilitar o traballo conxunto e o intercambio de experiencias utilizando a horta escolar ecolóxica como contexto de aprendizaxe, como laboratorio vivo no centro educativo e como un elemento globalizador das diferentes áreas do coñecemento.
  • Achegarnos ao cultivo de alimentos cun enfoque de sostibilidade global, integrando outras temáticas ambientais, e permitíndonos tamén traballar outros ámbitos e habilidades.

 

 

Presentámosvos o noso  "Caderno de Campo"! Cada un de nós temos o noso diario onde imos anotar, debuxar... todo o relacionado co noso proxecto.

 

A continuación, nas diferentes entradas do blog "Ecohortas", podedes seguir as distintas actividades que estaremos a desenvolver no noso horto.

 

 

Limpeza e deseño de bancais

Recén chegada a primavera, baixamos ao horto para poñelo a punto.

Comezamos observando e recoñecendo as diferentes plantas que temos nos distintos bancais: caléndula, rúcula, amorodos, allos elefante, patacas, fabocas, ourego  ... lembrando con Tamara, todos os seus beneficios e utilidades. A continuación, púxemonos mans á obra para quitar as malas herbas e airear un pouquiño a terra para ter a nosa horta en perfectas condicións.

Axudados do noso caderno de campo, fixemos diferentes deseños de como poderíamos distruibuir as novas plantas. 

E como a primavera, é  a estación das cores por excelencia, preparamos unhas fermosas xardineiras cuns xeranios ben feitiños.

Álbum: Curso 2023-2024 -> Ecohortas: Limpeza e deseño de bancais

Obradoiros de preparación de terreo e xerminados

O alumnado de 6º curso baixou hoxe ao horto para realizar dous obradoiros: por unha banda, traballaron na preparación do terreo (remover a terra, airear, quitar malas herbas...), e pola outra,  achegáronse da man de Tamara, aos xerminados.

Remataron a xornada cun xogo de pasapalabra ben divertido!

 

Álbum: Curso 2023-2024 -> Ecohortas: Terreo e xerminados

Ecohortas: xornada de convivencia en Burela

Alumnado do grupo de 6ºC de EP, participante no programa "Ecohortas" do "Plan Proxecta" que se está a desenvolver no centro, viaxou a Burela para participar nunha xornada de convivencia con alumnos/as  e profesorado do  IES Monte Castelo, desta localidade, máis o  Ceip de Prácticas, da provincia da Coruña.

Xunto coas asesoras de "Amigos da Terra", participaron en diferentes obradoiros e actividades: unha viaxe polo tempo nas fases da recollida do millo, identificación de diferentes plantas silvestres e aromáticas, pintura artística con nogalina, carreiras de orientación, tarefas de plantación ...

Foi unha xornada moi completa na que disfrutamos, aprendimos e decatámonos da importancia da colaboración no traballo e da convivencia en grupo.

 

Agradecemos enormemente a acollida do IES Monte Castelo, e o traballo e organización das nosas asesoras, que como sempre, nunca deixan de sorprendernos. Graciñas!

Álbum: Curso 2023-2024 -> Ecohortas: xornada de convivencia

Tarefas de acolchado

"Acolchar" o chan do horto, ten moitos beneficios que nos axudarán no seu manteñemento. Hoxe, o noso alumnado, realizou a actividade de acolchado. Utilizamos palla, follas secas, restos de poda... Calquera material que sexa natural e que con contacto coa terra se descompoña, serve para "acolchar a noso hortiño".

Álbum: Curso 2023-2024 -> Tarefas de acolchado

Elaboración de Herbarios con plantas aromáticas

Ourego, Tomiño, Leitaruga, Mentraste, Romeu, Caléndula, Pampillo ... son algunhas das plantas aromáticas  que ademáis de seren moi apreciadas ao longo da historia pola súa capacidade de embelecer espazos, tamén son moi destacables, algunhas delas,  polos seus beneficios culinarios.

Hoxe aprendimos a recoñecer algunhas  plantas aromáticas e fixemos un xogo de memoria moi divertido con elas.

Álbum: Curso 2023-2024 -> Herbarios con plantas aromáticas

Plan Proxecta: Construíndo comedeiros para aves

O alumnado de 3º e 5º curso de E.Primaria, partícipe no programa "Ecohortas" do "Plan Proxecta" que estamos a desenvolver no noso centro, construíron comedeiros para aves utilizando como materiais: piñas, manteiga de cacahuete, pipas e distintas sementes.

Álbum: Curso 2023-2024 -> Ecohortas: Construíndo comedoiros

Ampliando a horta

Agora xa estamos preparados para ampliar a nosa Ecohorta!

En decembro, aproveitando que non chovía, estivemos con Tamara máis a profe Lucía plantado, entre outras cousas, fabocas e allos.

Álbum: Curso 2023-2024 -> Ampliando a horta

Setembro: Tempo de colleita

Coas gañas de seguir a actividade de "Ecohortas", dende a casa, houbo alumnado que levou sementes ao remate do curso pasado para plantar, e, que agora, no tempo de colleita, ensínannos os seus froitos.

É o caso de Sara, quen nos trouxo as mazarocas de millo tan fermosas que recolleu.

Parabéns, Sara!

 

Curso 2023-24

 

Iniciamos o novo curso apañando a colleita da nosa horta: patacas, cenorias, allos ...

Xa casi temos os ingredientes necesarios para facer unha rica ensalada ou un bo puré! 

 

É momento de empezar a mimar, a coidar e a preparar a nosa hortiña para contar cunha terra sá e boa para os vindeiros cultivos.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut