Skip to Content

Limpeza e deseño de bancais

Recén chegada a primavera, baixamos ao horto para poñelo a punto.

Comezamos observando e recoñecendo as diferentes plantas que temos nos distintos bancais: caléndula, rúcula, amorodos, allos elefante, patacas, fabocas, ourego  ... lembrando con Tamara, todos os seus beneficios e utilidades. A continuación, púxemonos mans á obra para quitar as malas herbas e airear un pouquiño a terra para ter a nosa horta en perfectas condicións.

Axudados do noso caderno de campo, fixemos diferentes deseños de como poderíamos distruibuir as novas plantas. 

E como a primavera, é  a estación das cores por excelencia, preparamos unhas fermosas xardineiras cuns xeranios ben feitiños.

Álbum: Curso 2023-2024 -> Ecohortas: Limpeza e deseño de bancais


album | by Dr. Radut